TEApuntas volve ao centro social para construir unha sociedade en igualdade

Teapuntas A Nova Peneira Concello Ponteareas

Ponteareas. 8 de xullo de 2019.

A concellería de Benestar Social e Igualdade, que dirixe Verónica Carrera, colabora con Familias Azuis no desenvolvemento do programa TEApuntas que durante tres xornadas permitirá que as persoas con autismo desfruten dunha actividade que favorece e mellora as habilidades sociais de forma espontánea.

O pasado xoves día 4 os e as partipantes déronse cita no centro social da rúa Oriente para crear con pezas do Lego un universo colectivo e individual. Este xoves día 11 e o vindeiro xoves día 18 volverán xuntarse nesta actividade de construción con legos que é boa para mellorar a comprensión de instrucións, a motricidade fina, o xogo simbólico e fomenta o pensamento lateral. Todos estes aspectos, favorecen a súa inclusión na sociedade.

Esta actividade está organizada por Familias Azuis, que traballa polo benestar das persoas con autismo e para a súa visibilización na sociedade.

Se tes TEA e es amante dos legos e tes entre 6 e 15 anos, contacta con Familias Azuis e desfruta dunha xornada de lecer. O número de teléfono de contacto é o 671 496 458 e o enderezo electrónico familiasazuis@gmail.com