Nota prensa COXAPO

Reunión Viena COXAPO A Nova Peneira
Arantxa Ferreiro de Urrestarazu: Secretaria COXAPO

Este pasado sábado 20 de xuño celebrouse no auditorio Vázquez Portomeñe no Concello de as Neves, a asemblea xeral da asociación de traídas de auga rurais de Galicia: Coxapo.

Esta foi unha asemblea histórica para a auga do rural galego, nela as traídas asociadas decidiron formar, xunto co resto das traídas europeas, unha alianza.

Todo comezaba en Austria, onde ou 21 de setembro de 2018 representantes de diferentes países reuníanse en Viena para discutir, entre outras cousas, a necesidade unir forzas fronte a nova lexislación europea en materia de análise da auga.

O 5 de xuño celebrouse na Consellería de Sanidade, en Santiago de Compostela, o evento “ Status quo das comunidades de usuarios de auga de consumo a nivel de Europa” coa participación de Consellería de Sanidade, o concello de Tomiño, o concello de Abegondo, representantes de Irlanda, Austria, Italia e Coxapo.

coxapo_a_nova_peneira
2019_06_29_asemblea_as_neves3_coxapo_a_nova_peneira
2019_06_29_asemblea_as_neves_coxapo_a_nova_peneira
2019_06_29_asemblea_as_neves2_coxapo_a_nova_peneira
2019_06_06_xornadas_tomino_coxapo_a_nova_peneira
2019_06_05_xornadas_santiago_coxapo_a_nova_peneira
previous arrow
next arrow

O 6 de xuño amosábanse aos representantes europeos as instalacións das comunidades de usuarios de Tomiño como representación do novo camiño que as comunidades de usuarios galegas están a percorrer no seu proceso de abastecer ao rural galego de auga de calidade.

Nestes encontros naceu a idea de crear unha entidade “paraugas” que unifique os esforzos dos usuarios e as asociacións dos países de Europa. Quedou demostrada a importancia de compartir ideas, información, esforzos e traballo para conseguir auga de calidade.

Por outra banda, e gracias ou proxecto europeo Life Rural Supplies (elixido coma un dos mellores proxectos europeos do ano 2019), quedou de manifesto a viabilidade económica das traídas de auga fronte ás macro construcións de abastecemento.

Así pois, o 29 de xuño queda marcada como unha data histórica para as traídas de augas galegas: as traídas asociadas a Coxapo decidiron formar parte e liderar xunto con Irlanda e Austria esta alianza europea de abastecemento de auga potable no rural.

Coxapo mostrou a súa intención de seguir celebrando as súas asembleas e xornadas informativas ao longo de toda a xeografía galega para levar a todo o rural galego as melloras que entre todos conseguiron.

A prioridade e o abastecemento de auga de calidade así como unha xestión altamente eficaz das traídas, sempre en estrito cumprimento da lexislación vixente e buscando a compaña neste longo camiño das administracións implicadas: Xunta de Galicia, deputacións, concellos, organismos de conca,…

Dende Coxapo animan a todos os directivos de traídas de auga a facer chegar todas as súas inquietudes á asociación para entre todos seguir construíndo este camiño: auga de calidade no rural galego.

Links:

http://augas.blogspot.com/

https://ruralsupplies.eu/

https://www.coxapo.com/