A bandeira azul xa ondea na praia fluvial da Calzada

A bandeira azul xa ondea na praia fluvial da Calzada A Nova Peneira

Ponte Caldelas continúa coa súa mellora continua da contorna estreando ducha e reparando tódalas pasarelas e pasos de madeira

Ponte Caldelas, 1 de xullo de 2019

A bandeira azul ondea dende hoxe na praia da Calzada, único areal fluvial de toda España co distintivo de calidade que outorga anualmente a Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (ADEAC). O alcalde, Andrés Díaz, acompañado de varios concelleiros do equipo de goberno, dos integrantes da comisión de seguimento e dos socorristas, presidiu a cerimonia.

O Goberno local caldelán destaca que a bandeira ondeará ata mediados de setembro, pois o Concello de Ponte Caldelas ampliou a súa temporada de baño para garantir a cobertura das tres prazas de socorristas e agora ofrece tódolos servizos necesarios entre o 15 de xuño e o 15 de setembro. A praia da Calzada estrea este ano unha ducha, dotada tamén con lavapés, para que os seus usuarios podan utilizala tralo baño. Está situada ao lado do areeiro, nunha cómoda situación. Ao mesmo tempo, nos últimos días procedeuse a unha limpeza e acondicionamento xeral de toda a zona, incluíndo a reparación de tódalas pasarelas, bancos e elementos de madeira da contorna.

Finalmente, o Goberno local está a rematar o procedemento administrativo para a adxudicación da explotación do kiosko, procedemento que agarda ter finalizado para mediados de xullo.

A concesión da bandeira foi ratificada pola asociación ADEAC e supuxo a consolidación deste distintivo de calidade para unha contorna natural que, ano tras ano, recibe a visita de milleiros de persoas.

O Concello de Ponte Caldelas está comprometido coa mellora continua desta contorna como demostran as actuacións dos últimos anos, entre as que destaca a obtención do distintivo de sendeiro azul para o roteiro que parte da praia, así como o acondicionamento integral do paseo Cordo Boullosa, que foi ampliado e dotado de carril-bici, e, finalmente, a plantación de

Primer comentario

Deixa a túa opinión

A súa dirección de correo electrónico non será publicada.


*