A praia da Freixa conta durante os meses de verán co servizo de socorrismo

A Praia fluvial da Freixa Concello de Ponteareas A Nova Peneira

Ponteareas, 8 de xullo de 2019

Os socorristas contratados polo Concello de Ponteareas para velar pola seguridade dos bañistas da Freixa durante os meses de verán traballan xa dende a pasada semana na praia fluvial ponteareá.

A contratación deste servizo de socorrismo, que estará activo os sete días da semana para contribuir no benestar de todos e todas os que se acheguen a desfrutar deste espazo natural, prodúcese grazas a unha subvención da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia que se completa con fondos propios do concello de Ponteareas.

Os socorristas traballarán durante os meses de xullo, agosto e setembro, en horario de luns a xoves de 16 a 21 horas e venres, sábados e domingos de 12:30 a 21 horas.