Decenas de bañistas súmanse espontánemanete á xornada de limpeza da praia de Penedos en Chapela organizada pola Asociación Alborada de Vigo

Praia os Penedos Chapela Concello de Redondela A Nova Peneira

Redondela, 19 de xullo de 2019

A xornada contou coa participación tanto da Concellería de Medio Ambiente como da de Vías e Obras.

Retiráronse especialmente restos de vidros, así como varios quilos de entullo.

A Asociación Alborada de Vigo organizou esta mañá unha xornada de voluntariado e sensibilización na praia de Penedos de Chapela no Concello de Redondela. A xornada contou coa participación tanto da concellería de Medio Ambiente como da de Vías e Obras.

Este areal foi seleccionado por responsables de Alborada ao detectar nesa praia presenza de diferentes residuos coma podan ser restos de vidros e mesmo entullos de orixe descoñecida, dos que se recolleron varios quilos.

Colaboración espontánea e desinteresada da veciñanza.

Para levar a cabo esta xornada, as persoas responsables de Alborada desprazaron ao lugar un destacamento formado por dous monitores e dez voluntarios, aos que se sumaron empregados do Concello de Redondela tanto do departamento de Medio Ambiente como do de Vías e Obras, encargados estes últimos de recoller o lixo, particularmente o entullo, debido ao tratamento especial que necesita a recollida deste tipo de refugallos.

A sorpresa positiva da xornada foi a colaboración espontánea que prestou boa parte das persoas que se atopaban na praia a esa hora da mañá. Os bañistas non só colaboraron activamente cos voluntarios de Alborada, senón que mesmo os felicitaron pola iniciativa.

Primer comentario

Deixa a túa opinión

A súa dirección de correo electrónico non será publicada.


*