Reunión coa directiva do clube ciclista O Rosal

A veciñanza Conta A Nova Peneira

Dentro do programa #AVeciñanzaConta, onte celebrouse unha nova reunión, nesta ocasión coa directiva do Clube Ciclista do Rosal.
Clube implicado desde hai anos no ámbito deportivo do noso Concello. Nesta reunión falouse do futuro da asociación, dos próximos orzamentos municipais e nos vindeiros proxectos nos que están inmersos. 
Son moitos os nenos e nenas que forman parte dos equipos base, inculcando desde pequenos o esforzo, a paixón e o traballo en equipo. Desde este gran clube saíron grandes profesionais do ciclismo e espéranlle moitos máis éxitos nos vindeiros anos.
Escoitar, colaborar e traballar son pezas claves para coñecer de primeira man o traballo que fan as asociacións do noso pobo.