Ponte Caldelas vístese de cores coa HOLI PARTY

Holi Party Ponte Caldelas A Nova Peneira

40 kilos de polvos de cores distribuíronse pola explanada do campo de fútbol. A xira, que comezou a súa andaina o 28 de xuño, aterrarou este sábado, 10 de agosto, en Ponte Caldelas

Ponte Caldelas, 10 de agosto de 2019

Centos de persoas desfrutaron nesta tarde de sábado en Ponte Caldelas da primeira HOLI PARTY, unha cita que tivo lugar na explanada do campo de fútbol en Chan da Barcia e que comezou ás 19:00. Catro horas de diversión onde as cores estiveron moi presentes, houbo 40 kilos de polbos de cores que se distribuíron mediante extintores e, ademais, esta festa tamén contou con disparos de comprensión que se realizaron dende unha gran distancia co fin de favorecer o espectáculo.

As veciñas e veciños de Ponte Caldelas cumpriron co único requisito desta festa, ir vestidos de branco. Unha cita na que puidemos ver sobre todo a mozos do pobo e chegados de outros puntos da provincia e á que tamén asistiu público familiar que desfrutou e moito do bo ambiente desta primeira Holi Party.

Este evento contou con 10 mil vatios de son, pantallas LED, animación, actividades para todos os públicos e con sorpresas e agasallos para os asistentes.

Dumore e Álvaro Malvar foron os DJs convidados da xornada en Ponte Caldelas que se encargaron de poñer os éxitos do momento. Baile, cores e diversión déronse cita nesta Holi Party, onde ademáis, o tempo acompañou e sol se deixou ver permitindo e axudando a mellorar o bo ambiente desta festa.