LX Festa do Viño de Salvaterra 2019

Festa do Viño Salvaterra do Miño A Nova Peneira

Á última fin de semana deste mes de agosto, ven de celebrase a tradicional Festa do Viño do Condado do Tea, cadrando esta no 23, 24 e 25 do oitavo mes do ano.

Os antecedentes históricos deste evento vinícola remóntanse a xullo de 1959. Nesa data, sitúase a data de inicio da festa, que naquel intre adoptou a denominación de Festa da Vendima. Polo tanto este ano celebraron a seu 60 aniversario no marco incomparable do recinto amurallado da fermosa vila de Salvaterra de Miño.

O fundador da Festa da Vendima foi José Rodriguez Ojea, que chegou a ser alcalde do Concello. Indiano chegado do Brasil, ao instalarse en Salvaterra de Miño, faise membro da Irmandade de Labregos e Gandeiros San Lourenzo, con sede na denominada Casa Sindical situada no actual casco urbano do municipio.
Esta é por tanto a segunda festa gastronómica máis antiga de Galicia, detrás da Festa do Alvariño de Cambados.
Segundo se recollen nas actas notariais que se conservan, a Irmandade de Labradores e Gandeiros San Lourenzo de Salvaterra de Miño organiza en 1959 o I Gran Concurso de Viños do Condado. Inicialmente, na Festa da Vendima, participaban pequenos adegueiros das diferentes parroquias do municipio e o gañador dábase a coñecer tras unha cata cega de viños brancos e tintos. 

Nos primeiros anos, a festa consistía, amais do concurso de viños, nun xantar degustación de gastronomía típica da zona, acompañada dos viños gañadores do concurso. Este xantar celebrábase no Castelo de Dona Urraca, dentro da Fortaleza de Salvaterra.

A partir de 1975 o Concello de Salvatera de Miño faíse cargo da organización da Festa do Viño do Condado do Tea, en colaboración coa Irmandade de Labradores e Gandeiros San Lourenzo de Salvaterra de Miño. Nela mantense o Concurso- Certame de Viños do Condado. Na festa ofrecese a degustación gratuíta de viño producido nas pequenas adegas das diferentes parroquias do concello ao público asistente e celébranse diferentes actos de marcado carácter cultural e institucional. En 1977 introdúcese como un acto de exaltación da festa, a edición dun cuño conmemorativo, que se mantén ata hoxe en día.

Nesa época de finais dos anos setenta, organizase a primeira comida popular aberta a todo o público. 

En 1998 o Concello decide que o viño da Do Rías Baixas, sexa o único que se promocione na Festa. A tradicional Festa do Viño do Condado xunto co peso do viño na economía familiar do municipio, a calidade dos seus caldos e a gran extensión de viñedos, fan de Salvaterra de Miño a Capital do Viño do Condado do Tea.

Durante toda a mañá do domingo, os visitantes poden gozar degustando o delicioso viño desta subzona da D.O. Rías Baixas, acompañado por produtos típicos como polbo, sardiñas, empanada ou lamprea. Ademais pódese atopar tamén Conferencias, Catas comentadas por expertos, Exposición de viños, Artesanía, Pintura, Escultura, Concentración de coches de época, Gran desfile de gaitas e bailes galegos e a Mostra filatélica, na que se pon en circulación a cuña que conmemora a festa nese ano.

Tamén se leva a cabo a celebración dos Premios ós “Viños deliciosos do Ano”. Este aporte novidoso vense celebrando dende o ano 2000, é primeira nun marco oficial, e vai dirixido ó coñecemento comparativo dos viños elaborados nas zonas do Condado (D.O. Rías Baixas).

Fonte: Concello de Salvaterra.

Na programación deste ano, veciños e visitantes da vila puideron escoitar música da man da “Banda de Gaitas Pontenova”, a charanga “Vai K Pinta” e os grupos “Lys Pardo” e “A Supersonic” o venres 23.

As charangas “OT” e “Mil9”, os concertos de “Budiño” e “Monoulipus Dop” foron os encargados de amenizar a festa o sábado 24.

Para o domingo 25, ás 10.30 horas comezou o desfile dos grupos folclóricos e bandas de gaitas, houbo actuación das charangas “Mil9” e “Docto Anchoa” e os concertos dos grupos “2con2” e “Gramos”.

Este ano tamén se fixeron actividades ao longo de toda a semana como un Curso de Cata e diferentes Catas de viños desde o luns 19 ata o mércores 21.

A Cata Oficial á Procura dos Deliciosos e a apertura dos postos de comida, viño, foron o sábado 24.

A recepción das Cofradías e autoridades foi o domingo 25 pola mañá, de seguido o Desfile ata o recinto Amurallado, alí nomeouse aos Novos Cofrades Da Cofradía do Viño do Condado do Tea e Espumosos e de seguido, foi a declaración dos Viños Deliciosos do ano.

Ademais tamén houbo Noites Gastronómicas durante toda a fin de semana onde se puido degustar polbo, marisco, embutidos, tapas, churrasco, lamprea rechea e porco o espeto, todos uns manxares da nosa gastronomía.

Como vedes unha semana repleta de actividades de degustación dos mellores caldos do Condado, música, comida e festa que non deixaron sen asombro aos milleiros de persoas que pasaron por Salvaterra durante toda a semana para gozar desta festa declarada de “Interese Turístico” no ano 2016.

Areal Madeira A Nova Peneira

Primer comentario

Deixa a túa opinión

A súa dirección de correo electrónico non será publicada.


*