XXVII Festa dos Callos de Salceda de Caselas 2019

Festa XXVII dos Callos Salceda de Caselas A Nova Peneira
G.Figueiredo

Neste fermoso concello de interior da provincia de Pontevedra, veciño de Tui, Porriño, Ponteareas e Salvaterra, chamado Salceda de Caselas, vaise celebrar o vindeiro mes de setembro a súa XXVII edición da Festa dos Callos. Este evento gastronómico celébrase na Praza do Concello o 1º domingo de setembro dende 1993. Cada ano máis de 20.000 persoas acoden dende toda a xeografía galega e portuguesa para degustar este saboroso prato. Dende o ano 2007, na noite do sábado vénse celebrando un serán popular, este ano será a súa XIII edición. A organización é a cargo do Concello pero para o seu desenrolo son máis de 50 persoas voluntarias veciñas da vila salcedense as que dedican o seu tempo libre, xa semanas antes, para que esta festa sexa un éxito ano tras ano.

Para o domingo día 1 van elaborar máis de 20.000 racións de callos utilizando para elo as cantidades de 2.000 quilos de ventre vacún, 950 de carne de tenreira, 2.500 de garavanzos, 450 de lacón e case 400 Kg de chourizo, aproximadamente. Todo para unha receita que non deixará indiferente aos asistentes. Unha inmensa cantidade de produto que require ademais a colaboración e traballo en equipo de numerosas persoas. Ano tras ano a cifra de racións sube e é por isto que a Xunta de Galicia e o Concello de Salceda están a traballar desde hai dúas edicións para que o evento sexa recoñecido como “Festa de Interese Turístico”, a día de hoxe aínda non teñen esta distinción, esperemos que para a próxima edición xa podamos visitan unha “XXVIII Festa dos Callos de Salceda de Interese Turístico Galego”.

Cartel Festa XXVII dos Callos Salceda de Caselas A Nova Peneira

Para a programacións deste ano, e como novidade e preludio desta gran festa, xa o venres 30 de agosto os máis pequechos poderán gozar dun teatro de rúa infantil na Praza do Concello ás 19:00 horas “Saaabor”.

Para o sábado 31 de agosto as actividades comezarán tamén ás 19:00h co Teatro musical infantil na Concello Praza do Concello a cargo de “Laia, aprendiz de maga”.

Ás 21:30 o Concerto da Banda Cultural de Salceda acompañada das distintas asociación culturais “Saliceta” no patio do CEP Altamira.

Para rematar a noite do sábado, ás 22:30h, o esperado e xa tradicional “XIII Serán dos Callos” na Praza do Concello.

O Domingo 1 de setembro, todo comezará a partir das 9:30 horas na Praza do Concello, coa apertura de billeteiras e despacho de callos aínda que, os cociñeiros, xa comezan a preparar este delicioso prato á unha da madrugada. Para adquirir estas tapas podemos facelo a un prezo moi alcanzable, mantendo os da anterior edición; 8 euros ración con cazola, pan, viño ou auga, con cunca conmemorativa e culler, para degustar no recinto; ou 6 euros ración, para levar. Tamén se servirán racións de callos sen glute, que se cociñarán á parte, para celíacos.

A mañá estará amenizada por “Animar-T” e charanga “Sghae”.

Para ás 12:00h a lectura do pregón a cargo de “Paco Lodeiro”. Presentador, actor e músico de radio e televisión da Televisión de Galicia e Telemadrid, tamén será o encargado de por a nota musical cara as 21:00h actuando coa “Orquesta Sur” na Praza do Concello.

Sen esquecernos dos “Xogos Pulares” para os máis pequechos con “Animar T” ás 19:00H.

Como vedes unha fin de semana repleta de actividades para maiores e pequechos, onde poderemos degustar unhas exquisitas tapas de callos, gozar da música, teatro, e mesmo dunha Feira Agroecolóxica e Artesanía, ao longo do domingo, que xa conta coa súa VI edición, na que se poderán adquirir produtos de primeira calidade como repostería caseira, alimentos bio, produtos da horta, …, visitar as mostras de artesanía madeira, roupa…, degustar queixo, mel e comida vegana.

Pasádevos por Salceda para aumentas eses máis de 21.000 asistentes, a visita ben pagará a pena.