A Feira anual de oportunidades do comercio local peatonalizá as rúas de Redondela

Feria Oportunidades Redondela A Nova Peneira

O CAMBIO DE UBICACIÓN DA PASADA EDICIÓN FOI UN ÉXITO E OS COMERCIANTES APOSTAN POR DAR CONTINUIDADE A ESTE NOVO EMPRAZAMENTO NAS RÚAS RIBEIRA E XERAL RUBÍN, AS PRAZAS DO CONCELLO, DA CONSTITUCIÓN E DE SANTIAGO SERÁN.

Redondela, 18 de Setembro de 2019

A X edición da Feira anual de Oportunidades apostará pola peonalización dás rúas do núcleo urbano, as rúas do centro urbano estarán cortadas ao tráfico no horario da feira establecéndose accesos alternativos e ampliando as prazas de estacionamento nas entradas á Vila. Comercios de Redondela e Chapela daranse cita nesta feira que, na súa décima edición, segue a amosar a plena vixencia de este formato de promoción dos pequenos negocios locais. Medio centenar de establecementos participarán nesta edición na feira. O carácter anual da feira fará confluír excedentes de mercadoría de todas as temporadas, ás últimas oportunidades do verán o os remanentes da tempa de inverno conforman a ZONA OUTLET da feira. Como novidade a sección infantil da feira darase cita na Praza do Concello onde poderemos atopar a maior parte da oferta de roupa, accesorios, complementos e xoguetes infantís. A zona gastronómica tamén terá un protagonismo destacado nesta feira. O emprazamento será a Praza da Constitución, e contará con actuacións musicais en vivo e obradoiros de cociña para o público infantil, xogos e unha actuación especial SESIÓN VERMÚ a cargo do grupo LA CHATA SOUL o sábado 28 ás 13:30h.O domingo tamén poderemos gozar das interpretacións musicais da Banda Municipal de Música en SESIÓN DE TARDE. A feira celebrarase o sábado 28 de 10:00 a 22:00h e o domingo de 11:00 a 21:00h. As zonas de xogos infantís presente ao longo de todo o percorrido da feira serán gratuítas e haberá distintos obradoiros como o de bolsas dirixidas aos nenos e nenas no que poderán personalizar as súas bolsas para ir de compras pola Feira. A zona gastronómica contará tamén con un taller de cociña.Asociación de Empresarios e Concello de Redondela suman forzas na posta en marcha da décima edición da Feira anual de Oportunidades.Atendendo as demandas dos comerciantes o Concello de Redondela reforzará á iluminación nos postos e en toda área da feira …