o PSOE de Mos presentou unha moción para a creación dunha partida nos presupostos para o festival “O son do pazo”.

Son do Pazo Concello de Mos A Nova Peneira

A bancada socialista decidiu tomar a iniciativa de solicitar a creación desta partida despois de que a organización manifestase durante a preparación da 5ª edición, problemas de comunicación ca administración local sobre todo, chegando a por en perigo a realización do festival.

A voceira, Victoria Alonso, di non entender coma dende o goberno local non quixeron participar nas reunións da organización coma nos anos anteriores e coma estiveron esperando a que pasaxen as eleccións municipais para retomar as comunicacións. Engade que o patrimonio cultural do noso concello está por enriba de disputas políticas e recrimínalle non haber confirmado antes a colaboración.

Ademais, a socialista di que esta partida é unha maneira de demostrar o apoio do concello a este evento, xa que nesta edición a aportación económica do concello foi de cero euros e a colaboración limitouse a xestionar wc portátiles e que tivesen conexión electrica. Finaliza dicindo que espera que a moción sexa aprobada co voto favorable do Partido Popular porque outro significaría que o goberno local non quere apoiar a actividade cultural do noso concello e estivo enganando a veciñanza durante toda a campaña electoral.

Primer comentario

Deixa a túa opinión

A súa dirección de correo electrónico non será publicada.


*