Purrela ou Reserva

Artigo de opinión A Nova Peneira
Concelleiro do BNG de Baiona

Os resultados electorais do pasado mes de maio en Baiona foron pouco produtivos para osector viñateiro. Xa que logo, de oito candidaturas que se presentaron só se consumirontres botellas: o PSOE para celebrar ser a forza máis votada, Nós Baiona por conseguir serchave e un grupo extra-plenario que festexou a non subida do BNG. A pesares da derrota do PP, a composición plenaria actual e dende a análise ideolóxicadinos que o neoliberalismo pasou de 9 actas no 2015 a 7 na actualidade (6 PP e 1 C ́s), asocialdemocracia sube de 4 a 8 (6 PSOE e 2 Nós Baiona), o nacionalismo mantemos as 2actas pero, quizais, o matiz máis importante nesta análise é que a esquerda pasamos de4 concelleiros e concelleiras aos 2 que temos o BNG cando ademais presentáronse Podemos e En Marea que non sacaron representación. Agardo que sexa o verdadeiropunto de inflexión para unha profunda análise política dende a esquerda e o nacionalismode Baiona que determine que algo estamos a facer mal. Persoalmente botei en falla aesta esquerda e ao suposto nacionalismo na loita contra a construción dun campo de golfen Baredo, e considero fundamental para as baionesas e baioneses facer política e estara carón das demandas veciñais e non aparecer a meses das eleccións, sen traballoprevio e para dividir o voto. Algúns entenden que isto non é así xa que levamos cincomeses desde as eleccións e xa nada se sabe deles. Dende logo que o nacionalismo e adefensa da clase traballadora está garantida coa nosa presenza pero considero que omellor para a nosa vila, a nosa comarca e o noso País é outro escenario tanto para o díaa día como para as eleccións do 2023. Temos tempo para a reflexión, pero reflexionemos.Após 15 anos de goberno do PP e dende o intre que se nos ofrece entrar a formar partedun goberno tripartito seguimos sen abrir a botella de viño. Nada que festexar. O primeiro que fixemos foi poñérmonos a traballar nos preceptos mínimos e adecuadospara cambiar a política en Baiona. Saíron 15 medidas como condición para formar partedeste tripartito. Cuestións como a defensa e posta en valor da nosa lingua e cultura,garantir a participación veciñal, programas de alugueiro social e vivenda protexida,redución da carga tributaria a persoas en situacións de dificultade, eliminación dasimboloxía franquista, suprimir a autorización de apertura os domingos das grandessuperficies comerciais fomentando o comercio de proximidade, políticas activas deconservación da natureza e loita contra o cambio climático ou políticas feministas edotadas de orzamento foron algunhas desas propostas.Tras cen días no goberno a análise é complexa porque ten moitos condicionantes.Chegamos ao goberno en plena época estival cando Baiona multiplica a poboación, cosorzamentos prorrogados e cun concello completamente desorganizado a niveladministrativo pola desidia e nefasta xestión do PP. Estaremos enganados e enganando á veciñanza si festexamos resultados electorais,estancamento da esquerda nacionalista ou troco de cromos. Purrela. A mudanza depolítica non se celebra, faise. Este cambio real será galego, feminista, medioambiental ede clase ou non será. A política é o único camiño, a paciencia é revolucionaria e o viño, un Reserva.