Unha pera é só unha pera

Artigo de opinión A Nova Peneira
Tino Lago director a Nova Peneira
Tino Lago director a Nova Peneira

Un home e unha muller é unha cousa, dous homes é outra cousa e dúas mulleres é outra cousa, como supoño que un trío tamén será outra cousa.» «Se se suman dúas mazás, pois dan dúas mazás. E se se suman unha mazá e unha pera, nunca poden dar dúas mazás, porque é que son compoñentes distintos.

Ana botella, filósofa da escola neo empirista

Ana Botella, a insigne filósofa da escola de pensamento neo empirista dos fans de Jonh Locke, produciu este pensamento de elevadísima profundidade intelectual que, co seu permiso, imos utilizar, a modo de axioma, para dotar de solidez argumental á nosa humilde reflexión ao respecto dos froitas das pereiras, porque en efecto:

Unha pera é só unha pera

E a semana pasada unha froiteira da Coruña seica recibiu unhas labazadas porque na súa tenda tivo a ousadía de vender peras de procedencia catalá. O indesexable que lle propinou os golpes é un suxeito que só merece o desprezo moral, e agardo, sen moita esperanza a verdade, que unha contundente sanción do poder xudicial. Porén, ao meu xuízo, o agresor non é o máximo responsable de tan lamentable situación, son aqueles medios de comunicación que sementan o odio contra Catalunya día si e dia tamén responsables, si hai que dicilo con letras maiúsculas responsables de ter espallado a semente da discordia pola sociedade española. Son os partidos políticos que utilizan o odio Catalunya, día si e día tamén, con obxecto de acadar votos noutras partes do estado , si hai que dicilo con letras maiúsculas responsables de ter espallado a semente da discordia pola sociedade española. E son todos aqueles irresponsables que circulan polas redes sociais cadeas de mensaxes exhortando ao boicot aos produtos cataláns, hoxe mesmo recibín unha desas mensaxes dunha persoa aparentemente sensata e razoable, responsables, si hai que dicilo con letras maiúsculas, de ter espallado a semente da discordia pola sociedade española. Algunhas portadas incendiarias da prensa con titulares como por exemplo:

“El supremo deja en manos de Torra la libertad de los presos”

La razón 14 de outubro

“Marlaska censura a la guardia civil por chocar con los mosos”

El mundo 1 de outubro

“99 anos de carcel 60 días para la libertad”

La razón 16 de outubro

“El separatismo vuelve a mostrar su entraña violenta”

ABC 16 de outubro

“Sánchez desoye al PP ya C,S y paraliza la respuesta a Torra”

El mundo 17 de outubro

E tantos e tantos, todos eles aderezados con rechamantes imaxes que tratan de reflectir que o que é un conflito político , se trata en realidade dun problema moral entra bos e malos, entre persoas que respectan a lei e entre quen non o fai, son demenciais, produto de psicópatas e irresponsables que están a converter a sociedade española nunha polvoreira. Desde A Nova Peneira facemos unha chamada ao acougo e á sensatez, porque en realidade

Unha pera é só unha pera.

Primer comentario

Deixa a túa opinión

A súa dirección de correo electrónico non será publicada.


*