Recortes Cero-Grupo Verde reclama desde Porriño estar nos debates electorais

Recortes Cero-Grupo Verde celebrou un acto de campaña, Pastora Fernández Concello do Porriño A Nova Peneira

Desde Porriño, onde Recortes Cero-Grupo Verde celebrou un acto de campaña, Pastora Fernández, cabeza de lista por Pontevedra, defendeu que “o máis significativo do primeiro debate televisado entre os candidatos dos sete grandes partidos, non foi o que vimos, senón o que non se dixo”. Segundo Pastora Fernándezninguén falou de redistribución da riqueza, e ninguén denunciou que “Máis procés é máis recortes””, en referencia á campaña que a coalición lanzou en todo o país, “pola unidade do pobo en toda España fronte aos recortes”.

“É necesaria a presenza de Recortes Cero-Grupo Verde, para que estas posicións, que comparte moita xente de esquerdas e moitos progresistas, estean presentes” asegurou a cabeza de lista, remarcando que “Gabriel Rufían presentouse como defensor do diálogo, pero ninguén lle recordou que intentaron impoñer de forma antidemocrática unha independencia unilateral co apoio de só un terzo do censo”. En referencia á intervención do portavoz de ERC, asegurou que “mentres defendía “medidas sociais” ninguén denunciaba que os gobernos do procés executaron máis recortes sociais que Esperanza Aguirre, e mentres sinalaba “o perigo de que a dereita goberne en España” ninguén lle recordaba que ERC sosteñen a Torra, representante do pensamento máis xenófobo, como president da Generalitat”.

No mesmo acto, Carlos Vázquez, candidato ao Senado chamou a atención sobre que “no debate de onte ninguén defendeu realmente a redistribución da riqueza, malia que un informe acaba de revelar que o 1% máis rico en España posúe o 47% de toda a riqueza financeira”. Carlos Vázquez asegurou na súa intervención que “en España hai diñeiro, o problema é quen llo queda, só fai falta vontade política para impulsar medidas de redistribución da riqueza”.

Recortes Cero-Grupo Verde propón unha moratoria e unha auditoría da débeda para “acabar co atraco da débeda, unha reivindicación do 15-M hoxe silenciada que serviría para revertir todos os recortes en sanidade, educación, ciencia e cultura”.

Primer comentario

Deixa a túa opinión

A súa dirección de correo electrónico non será publicada.


*