Por que renuncia o Concello de Cangas á subvención da Xunta para a praza de abastos?

Avante candidatura vecinal a nova peneira

Cangas, 29 de outubro de 2019

En xullo deste ano a Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta, concedía ó Concello de Cangas unha subvención para o ESTUDO – DIAGNOSE DASITUACIÓN E USOS DO MERCADO MUNICIPAL, estudo que realizaría unhaconsultoría especializada, co obxectivo de conseguir o selo de mercadoexcelente para a Praza de Abastos de Cangas. O importe da subvenciónconcedida pola Consellería achégase aos 9.000€.Onte luns a Xunta de Goberno Local aprobou a proposta da concelleira de Desenvolvemento Local, para renunciar a esta subvención co argumento de que“​non existe posibilidade de facerlle fronte á aportación económica municipal​”.O goberno ACE-PSOE deu a súa aprobación para renunciar a esta subvención​,sen existir informe algún do departamento de intervención do Concello queavale a decisión tomada dende a Concellería. O goberno, sen dar ningún tipo deexplicación aos grupos municipais nin ao principal colectivo afectado (a Asoc.de profesionais da Praza de Abastos) decide renunciar a un proxecto quepodería axudar a implantar novas iniciativas no mercado, favorecer adinamización comercial da zona, e implantar unha rede de mercadosexcelentes.Esta subvención non tiña dificultade algunha para sacar adiante:

  • No expediente figuraban xa tres posibles empresas coas que traballar.
  • O importe que o Concello tería que asumir para sacar adiante o Estudo (ooutro 50%) é máis que asumible tendo en conta que ​non se realizouinvestimento algún nesta área no 2019 ​en previsión de afrontar esteesforzo co orzamento prorrogado.Pero, ao parecer, para a Concelleira o máis doado era non facer nada, tramitardirectamente a renuncia, e tirar pola borda unha estratexia que podería marcarun antes e un despois para o mercado.

Cal é a estratexia do bipartito de cara a dinamización do comercio local?

Primer comentario

Deixa a túa opinión

A súa dirección de correo electrónico non será publicada.


*