Arima, a primeira longametraxe de Jaione Camborda, poderá verse en Galicia inaugurando Novos Cinemas

Arima A Nova Peneira

A cineasta é unha estreita colaboradora do festival dende os seus inicios e na actualidade tamén está impartindo a formación “HABITAR UN ROSTRO / O XESTO DUN ENCONTRO”, que o festival organiza para estudantado universitario en colaboración coa UVigo

Pontevedra, 30 de outubro do 2019

A cuarta edición de Novos Cinemas – Festival Internacional de Cine de Pontevedra, que se celebrará entre o 10 e o 15 de decembro, acollerá no seu acto inaugural a proxección de Arima, a primeira longametraxe de Jaione Camborda, da que xa ofrecera un pequeno adianto na sección Encontros da pasada edición do festival. A cineasta, ligada a Novos Cinemas dende o nacemento do evento, foi tamén a creadora da cabeceira do festival no 2017 (ver AQUÍ) e, na actualidade, lidera a formación “Habitar un rostro / O xesto dun encontro”, que Novos Cinemas organiza xunto á Universidade de Vigo e na que explora xunto a creadores e creadoras en proceso de formación “a idea de relato na súa acepción máis ampla”.

ARIMA A Nova Peneira

O próximo 10 de decembro e abrindo esta cuarta edición de Novos Cinemas, o público poderá gozar de Arima, un filme que narra a historia historia de catro mulleres e unha nena que se ve alterada pola chegada inesperada de dous forasteiros. Un deles foxe do outro, escondéndose polo pobo como un ser escurridizo, fantasmagórico e de dubidosa existencia. O outro, un home ferido e cunha arma, perturbará de diferentes formas a vida as mulleres. Todo iso moverase na fronteira entre o real e o imaxinado, entre o pesadelo e o soño, entre o medo e o desexo, nunha historia impregnada de misterio.

Anuncio Deputación de Pontevedra A Nova Peneira
A cerca de admin 3 Articles
Xornal galego de información xeral Publicación mensual de novas de Galicia e en especial dos Concellos da sur da provincia de Pontevedra.

Primer comentario

Deixa a túa opinión

A súa dirección de correo electrónico non será publicada.


*