José Luis iglesias, de “Europa Laica”

Europa Laica A Nova Peneira
Marcos Santos

EUROPA LAICA é unha asociación fundada no ano 2001, que ten a súa sede na capital do estado. Defende o pluralismo ideolóxico como regra fundamental do estado de dereito, e o establecemento dun marco xurídico que o protexa fronte a calquera interferencia de calquera institución relixiosa. O asturiano Jose Luis Iglesias, que foi presidente desta asociación en Asturias, estivo recentemente polas terras de Redondela e nós aproveitamos para conversar con él.

TIVEMOS CORENTA ANOS DE DICTADURA E AGORA LEVAMOS CORENTA DE TOMADURA DE PELO

Cóntanos que é Europa laica ?

Europa laica trata de quitar adiante o laicismo en España intentando construír un movemento social activo organizado que traballe na liña de alcanzar o estado laico.

Ti fuches presidente da plataforma en Asturias, verdade ?

Exactamente estiven 8 anos agora está o compañeiro Luis .

Cal é a vosa valoración sobre o concordato da igrexa católica co estado español?

A constitución apróbase a finais de 1978 e os acordos co vaticano fírmanse o 3 de xaneiro de 197, menos dun mes despois da aprobación da constitución .

Ante a pregunta de por que se realizaron eses acordos a resposta institucional é porque hai un mandato constitucional de facelo, e esa resposta é mentira. A cuestión cronolóxica indica con claridade que os acordos xa estaban absolutamente cociñados dada a complexidade diplomáticas de pactos desa envergadura

Non e impropio que un pais que se declara abertamente aconfesional siga financiando á igrexa católica ?

Por suposto, iso e precisamente unha das cousas que xa dicía Gonzalo Puente Ojea.

Esta constitución e os acordos co vaticano teñen tal contradición que demostran que o sistema político do estado Español como mínimo é pouco homologable ás democracias Europeas.

Alén de non cobrarlles o IBI podemos cuantificar cantos cartos lle achega o estado español á igrexa católica?

Mentres os acordos co vaticano sigan vixentes é moi difícil pola opacidade deses acordos. Os arquivos da igrexa son inviolables e a igrexa non esta obrigada a declarar Porén toda entidade privada que recibe fondos do estado esta obrigado a publicar unha memoria pero ano tras ano Europa laica ten denunciado que esa memoria, no caso da igrexa, é case unha mofa, xa que non explican absolutamente nada e iso nunca foi respondido polo tribunal de contas porque son intocables .

Uns dos datos que si se sabe e canto diñeiro se destina a ensinanza concertada. O que nunca vamos a saber e canto deixa de tributar … e no terreo da beneficencia e traballos sociais tamén existe moita opacidade .como por exemplo no caso da mal chamada caritas diocesanas que o final a estamos mantendo os cidadáns .. con todo o que recibe e deixa de tributar .

Por que, dis iso de caritas?

En realidade debería chamarse cáritas cidadás, xa que quen a mantemos somos nós cos nosos impostos.

Que opina Europa laica de que aínda ensínese relixión nos colexios ?

Pois estamos ante un descarado adoutrinamento.

A igrexa vai de man do estado?

Creo que o estado vai de man da igrexa.

Quen ten mais poder agora a igrexa ou o Estado?

A igrexa adáptase aos tempos. No momento actual en algún aspecto como por exemplo na moralidade pública, a igrexa aínda ten moito que dicir.

No caso do inmenso patrimonio artístico que posúen , tamén teñen relacións de privilexio?

Absolutamente como o caso escandaloso das pinturas de SIJENA. Estes señores violan a lei de patrimonio, e gozan duns privilexios inauditos .Nos temos coñecementos incluso de destrución de obras.

Se cadra o seu reino non é deste mundo ?

As xustiza é deles e para eles .

Sabemos algo da suposta vinculación da Igrexa con empresas de armas?

Non teño datos para afirmar iso con rigor .

Que modelo propón Europa Laica ?

Seria un avance xigantesco o modelo francés no que existe unha gran separación do estado coa igrexa. Son as leis que mais ou menos quixo implantar aquí a república que foio único período onde España tratou de executar unha separación efectiva entre o estado e a igrexa, o demais España sempre tivo concordatos ,o cal, como che digo choca de fronte con ser demócrata.

A chamada Transición non mudou nada?

Eu diría que tivemos corenta anos de ditadura e levamos corenta de tomadura de pelo.