O BNG esíxelle ao alcalde explicacións pola paralización daposta en funcionamento do novo centro de saúde de Gondomar

BNG A Nova Peneira

O traslado efectivo das consultas estaba prevista para este venres, día oito denovembro, e foi suspendido onte martes de xeito imprevisto

Gondomar, 6 de novembro de 2019

O BNG esíxelle ao Alcalde explicacións polaparalización da posta en funcionamento do novo Centro de Saúde de Gondomar queestaba prevista para a mañá deste venres 8 de novembro.Desde hai varios días no actual Centro de Saúde podíanse ver carteis anunciando otraslado da atención primaria á nova edificación, e ás persoas con citas a partir do 11 denovembro xa se lles indicaba que serían atendidas no novo centro. Mais, na mañá deonte martes, de xeito imprevisto e sen moitas explicacións, o persoal foi avisado de quese paralizaba o traslado. “Todo parece indicar que se debe a algunha irregularidade nos trámites municipaisprecisos para a apertura do novo centro, unha mostra máis da improvisación e da poucarigurosidade no labor de goberno de Paco Ferreira, e tamén da falta de responsabilidadedo Sergas e do goberno de Feijóo por ter proposto o traslado sen comprobar previamenteque todo estivera en orde”, afirma a portavoz municipal do BNG, Manuela Rodríguez.A situación provocada con esta paralización, cos conseguintes trastornos e reaxustesque terán que soportar tanto as persoas usuarias como ao persoal sanitario, ven a sesumar ás xa evidentes deficiencias na atención sanitaria en Gondomar provocadas poloscontinuos recortes en atención primaria. “Como exemplo, a non cobertura por parte daConsellería de Sanidade dunha praza vacante desde hai unha semana que está aprovocar retrasos nas citas de até dúas semanas ou sobrecarga doutras/osmédicas/os”.O BNG insta a PP e PSOE a que se deixen de enfrontamentos partidistas e que se poñana traballar coa seriedade que a atención sanitaria require para que o novo Centro deSaúde poida abrir a maior brevidade posíbel e con todas as garantías. Neste sentido, oBNG solicita que os gobernos de Concello e Xunta digan se, tal cual están agora osaccesos ao novo centro de saúde, está garantida a seguridade, accesibilidade eevacuación tanto de persoas como de vehículos privados e de emerxencia.