Iluminación Briz

BNG A Nova Peneira

A portavoz do BNG de Marín Lucía Santos, trasladou ao Pleno Municipal do pasado xoves, queixas recibidas por familias do alumnado que asiste á Escola de Música Municipal situada na Granxa de Briz, por falta de iluminación.

Os rapaces saen das clases ás 21,30 da noite totalmente a escuras con un único punto de luz na saída da Granxa.

O goberno municipal tomou nota e confirmou no propio Pleno que sería subsanado ao día seguinte.

A día de hoxe, seguimos recibindo queixas de familias xa que unha semana despois siguen sen ter iluminación no recinto, polo que pedimos ao goberno se poña de inmediato a solucionar este problema.

Un centro municipal como é a Escola de Música, debe contar con medidas de seguridade e accesibilide mais, cando se trata dunha actuación tan básica como é a iluminación.