Recollidas máis de 1250 escritos de alegacións contra a casa de apostas de Redondela

Casa de apuestas Redondela A Nova Peneira

Redondela, 21 de novembro de 2019

Dende a Coordinadora contra a casa de apostas de Redondela celebran a participación da veciñanza no proceso de firmas de alegacións contra a casa de apostas que se pretende abrir en Redondela. Nunha semana xa se levan recollidas máis de 1250 escritos de alegacións nas mesas a pé de rúa que se están a instalar en Redondela e Chapela. Nun primeiro momento hoxe día de feira era o último no que estarían coas mesas informativas, “a pesar do mal tempo a xente para con nós para se informar e todos mostran preocupación e firman”, argumentan dende a coordinadora, “por iso imos estar unha semana máis coas mesas, a información debe chegar a toda a veciñanza, esa casa de apostas non pode abrir fronte aos colexios”. Non descartan continuar con outras medidas fronte as distintas administracións unha vez rematado o periodo de exposición pública, isto é o 28 de novembro, e presentadas todas as alegacións.