A Xunta non quere un centro de maiores en Ponte Caldelas

Ascensor na casa da Quintan A Nova Peneira

Achaca a decisión a cuestións vagas, entre as que destaca a falta dun ascensor, o que demostra que non estudaron a proposta do Concello nin coñecen a instalación, pois a vivenda dispón deste servizo

Ponte Caldelas, 28 de novembro de 2019

Logo de que o Concello de Ponte Caldelas propuxera para a Casa da Quintán un centro interxeracional, que poida acoller o centro de menores tutelados que propón a Xunta de Galicia e un centro de día para persoas maiores, para cubrir a necesidade que existe no municipio dun centro deste tipo, a Xunta de Galicia contesta a través da prensa, que un centro deste tipo non é viable. Escúdase a administración automónica en varias cuestións, a máis chamativa a falta de ascensor, o que demostra que non coñecen o edificio e que non estudaron a proposta do Concello de Ponte Caldelas. O edificio conta con ascensor, cun amplo recibidor-recepción e con espazo suficiente para acoller ámbolos dous ervizo. O Concello de Ponte Caldelas non se nega a unha utilización social da Casa da Quintán, agora ben, é deber municipal informar á veciñanza de que houbo problemas de violencia e adicións no centro de menores tutelados ‘Príncipe Felipe’ e resulta chamativo que, ás présas, a Xunta de Galicia precise prazas para menores tutelados en Ponte Caldelas, a moi poucos quilómetros do centro Centro Príncipe Felipe.

Primer comentario

Deixa a túa opinión