A Asociación de Empresarios de Redondela presenta unha campaña de nadal marcada polo selo da ecoinnovación comercial

Redondela Comercio Nadal A Nova Peneira

Por primeira vez a praza de abastos súmase en pleno a campaña de premios

Redondela, 5 de decembro de 2019

O coidado do medio ambiente ven sendo unha constante nas campañas de dinamización comercial desenvolvidas pola Asociación de Empresarios de Redondela pero neste caso acentúase xa que todos os materiais empregados contan cunha distinción ambiental. Así as bolsas están realizadas en material reciclado e impresasnunha tinta totalmente inocua de base acuosa que garante o coidado do medio ambiente. Nos últimos dous exercicios a Asociación de Empresarios ten contribuído notablemente a eliminación do plástico do circuíto comercial distribuíndo entre os seus asociados máis de 20.000 bolsas de papel, acción que se ten desenvolvido graza ao cofinanciamento da Xunta de Galicia a través da Dirección Xeral de Comercio e que tamén esta Nadal conta coa colaboración co Concello de Redondela o que nos permite duplicar o número de bolsas que se entregarán no comercio da vila, aportación que é sen dúbida unha gran axuda dado o importante custe que supón a entrega gratuíta de bolsas a clientela.

A campaña de premios trae ao comercio de Redondela os clásicos BOLETOS DE NADAL que se distribuíran polas compras que se realicen dende hoxe 5 de decembro ata o 5 de xaneiro. Este formato de campaña permite que cada comercioteña unhaurna de premios única e exclusiva xa que en cada comercio poderá haber premios diferentesademais do clásicos vales de compra que nesta edición son de 300€, 200€, 100€ e 50€ que se sortearán ao finalizar a campaña. O día do sorteo será o 15 de xaneiro.

Outra novidade desta campaña é a decoración exterior dos comercios coa que se realza a presenza do comercio da Vila. Un elemento decorativo común consistente nunha árbore iluminada e vinilos en forma de destello fan que ao caer a tarde os comercios realcen a súa presenza e dean un especial ambiente de Nadal a esta tradicional vila comercial situada ao fondo da ría de Vigo na que as tendas, todas diferentes e únicas, vense realzadas pola imaxe homoxénea da decoración de Nadal.

Primer comentario

Deixa a túa opinión