O Concello de Salvaterra de Miño ven de facer efectiva a compra da antiga cámara agraria de Salvaterra, que destinará á casa da música

Cámara agraria Salvaterra A Nova Peneira

Despois de que o Equipo de Goberno levara ao pasado pleno do  día 30 de setembro  a proposta de compra a catro anos do edificio da Antiga Cámara Agraria de Salvaterra de Miño, aprobado por unanimidade de todos os grupos políticos, para destinala á Casa da Música, o Concello ven de facer efectivo o pago da primeira anualidade por un importe de 28.880,51€. O importe total a pagar nos catro anos ascende a 115.522,03€

Con esta acción por un lado o Concello recupera un inmoble, que a pesares de non estar catalogado, ten un gran interese histórico e sentimental para o municipio, e por outro lado o Concello está ultimando o proxecto de rehabilitación interior do inmoble, co fin de adecualo para converter esta edificación na futura Casa da Música e albergar así aos preto de 200 nenos e nenas que agora mesmo están na Escola de Música repartidos por diferentes espazos municipais.