A Pedro Ocampo Concelleiro de Eu son Porriño

Gastro tabera As Pedriñas Novas
Pedro O Campo A NOva Peneira

Pedro Ocampo é o voceiro do grupo municipal de EU SON PORRIÑO, histórico militante de Esquerda Unida, este profesor de filosofía defende con paixón a súa posición de non ter entrado no goberno bipartito da corporación porriñesa pois considera que as políticas desenvolvidas polo goberno encabezado pola alcaldesa Eva García De La Torre están moi lonxe de ser realmente de esquerdas

ESTE GOBERNO NON ESTÁ NIN Á ALTURA POLÍTICA NIN Á ALTURA ÉTICA QUE O PORRIÑO NECESITA”

Fainos unha valoración do goberno de Eva García Da La Torre?

Dicía Marx que a historia se repite, primeiro como traxedia e logo como farsa. O primeiro mandato de Eva foi unha traxedia para O Porriño e un colapso económico para o concello, de momento neste segundo mandato a miña valoración é que é unha farsa. Cando se cumpriron 100 días nós pedimos unha xuntanza para revisarmos o acordo de investidura, e non a houbo, foise aprazando e finalmente a alcaldesa non respondeu ao noso requirimento. Pola nosa banda a valoración deste goberno resúmese nunha palabra: decepción. A situación actual é insostible, e temos claro que este goberno non está nin á altura política nin á altura ética do que Porriño necesita

A entrada do BNG no goberno, tivo algunha incidencia nas políticas que este desenvolve?

Respecto á influencia do BNG, é pronto para valoralo. A nós decepcionounos xa de principio que o bloque non aceptara a nosa proposta inicial dun goberno a 3 sen Eva García de La Torre, e como é sabido eles demoraron moito a súa entrada no goberno, pero a sensación que me provoca é que todo apunta a un goberno de dúas cabezas que van andar ao seu, sen harmonizar o ben común e sen ter en absoluto en conta á oposición, especialmente ao nós que apoiamos a investidura

A crispación interna que se vive na corporación porriñesa semella non ter fin, cales son os motivos ao teu xuízo, e cales as posibles solucións?

No que se refire ao asunto da crispación, por desgraza o concello neste momento si é un espectáculo, a alcaldesa non está ao que debe de estar, e o PP é como eses reis destronados que viven no convencemento de que o trono é seu a perpetuidade e non é capaz de asumir a súa situación. Entre a incapacidade da alcaldesa e a actitude pueril, agresiva e vingativa do PP está a explicación e a solución , ao meu xuízo, non cabe outra que un cambio de actitudes e de persoas tamén. O espectáculo que dá o concello á veciñanza é lamentable e está nas antípodas do que debera ser a política

E sobre a situación económica do concello que nos tes que dicir?

A situación económica é desastrosa, neste momento estamos sen interventor, con 4.000.000€ de facturas impagadas na conta 413,que converten en norma o que debera ser excepcional. Non sabemos onde se gastan os cartos porque a transparencia é moi deficiente, pero desde logo que non repercuten no benestar da veciñanza do noso pobo.

Que tipo de oposición estades a desenvolver e cales son as liñas políticas máis salientables que pretendedes executar neste mandato?

No que respecta á nosa acción política de oposición, pois tentamos que sexa na mesma liña ca no anterior mandato: construtiva, fiscalizadora e moi achegada ás problemáticas reais das veciñas e veciños

Se como parece, no estado por fin se consegue formar un goberno de coalición do PSOE con Unidas Podemos, cales son as túas expectativas?

A situación é moi difícil, eu non apoiei a entrada no goberno de Unidas Podemos, porque penso que vai quedar valeira unha posición de esquerda real, e asemade penso que o papel de Unidas Podemos vai quedar reducido a xustificar as políticas antisociais que van vir impostas desde Europa. Como sempre ao longo da súa historia creo que o PSOE vai decepcionar aos seus votantes e entendo que sería máis útil que UP condicionara desde a oposición a realización de políticas reais de esquerdas. Oxalá me equivoque, pero creo que nada vai mudar

E para o próximo ano teremos eleccións autonómicas, agardas quen por fin se poida artellar unha maioría alternativa ao PP?

Eu confío plenamente en Eva Solla, unha persoa plenamente comprometida con Galicia e coas súas clases traballadoras, agardo que poidamos traballar en conxunto con Podemos e con Anova, pero nun traballo baseado en programa e poidamos rematar co nefasto goberno do PP de Núñez Feijoo

Primer comentario

Deixa a túa opinión

A súa dirección de correo electrónico non será publicada.


*