O Grupo Común da Esquerda critica a falta de planificación da Xunta fronte ás decisións de Endesa

Gastro tabera As Pedriñas Novas
Luca Chao no Parlamento A Nova Peneira
Luca Chao no Parlamento

Luca Chao reclama que as empresas que esquilman os recursos e contaminan se fagan cargo dun plan de emprego cos seus beneficios

Santiago, 27 de decembro de 2019

O Grupo Común da Esquerda criticou este venres a falta de planificación da Xunta tras o comunicado no que se anuncia o peche da central térmica de Endesa nas Pontes. “En primeiro lugar queremos amosar o noso apoio e solidariedade cos traballadores tanto da central, como da industria auxiliar. Tamén con toda a comarca das Pontes, que vai verse moi afectada por esta noticia”, expresou a voceira Luca Chao.

Tras o anuncio, Chao quixo insistir “no que xa dixemos hai tempo: non se podía mirar para outro lado. A transición enerxética esixía planificación. Isto foi o que non fixo o goberno da Xunta de Galicia. Mirou para outro lado e deixou pasar o tempo, permitindo que a empresa tomara unha decisión en base a criterios económicos cando o considerara necesario”.

Fronte a isto, a voceira reafirmouse en que “hai que facer unha transición enerxética. Non podemos permitir que haxa industrias tan contaminantes no noso país, pero isto non pode ser a costa dos traballadores”. Pola contra, considerou que “o que hai que esixirlle ás empresas que esquilman os recursos de toda cidadanía e contaminan o medio ambiente é que cos seus enormes beneficios se fagan cargo dun plan de emprego que garanta estabilidade e futuro para as comarcas das que se lucraron ata agora”.

Primer comentario

Deixa a túa opinión

A súa dirección de correo electrónico non será publicada.


*