Constitúese en Santiago a Federación de Ateneos de Galicia

Ateneos de Galicia A Nova Peneira

Santiago de Compostela, 20 de decembro de 2019

Este xoves tivo lugar en Santiago unha nova xuntanza de Ateneos de Galicia, onde quedou constituída a asociación “Federación de Ateneos de Galicia”, naque se viña traballando dende marzo do pasado ano, cando se formalizou unconvenio de colaboración entre as entidades promotoras desta nova institución. No acto de constitución, que se oficializou mediante a sinatura da actafundacional así como dos Estatutos da nova entidade, participaronrepresentantes dos Ateneos de Santiago, Ferrolán, Santa Cecilia de Marín, Moaña, Atlántico de Vigo, Ourense e Pontevedra.Na nomeada acta fundacional foi recollida a designación, como órgano degoberno provisional da Federación, unha Xunta Directiva conformada porFrancisco Javier Montero Dongil como Presidente, Xulio Pardellas de Blascomo Vicepresidente, Francisco Candela Castrillo como Secretario, AntónPorteiro Lago como Tesoureiro e Anxo Cabada Álvarez, Pablo SantiagoFernández Prieto, Xaime Domínguez Toxo e Xosé Collazo Castro comoVogais. Do mesmo xeito, neste documento tamén se inclúe o mandato destanova directiva ao Secretario para “formalizar o proceso de constitución diantedas distintas administracións e institucións públicas”.Pola súa banda, nos Estatutos que rexerán a Federación de Ateneos deGalicia, aprobados polos presentes, establécese o domicilio social no local doAteneo de Santiago, ata que se conte con sede propia, así como o fin defuncionar “como un espazo de encontro, diálogo, cooperación e axuda entre osAteneos que formen parte da mesma” e “de impulso de realización deactividades conxuntas preferentemente no ámbito xeográfico de Galicia”.