Oitavo fragmento do diario de Senlúa Arraiana

A cidade rebelde A Nova Peneira

A cidade rebelde

Cristóbal López A Nova Peneira
Cristóbal López. Comuneiro de Montes de Tameiga, militante de Anticapitalistas e veciño constituinte da Asemblea Veciñal GañaMós.

(Este octavo fragmento do diario de Senlúa Arraiana foi recuperado e adiantado ao noso tempo por Noitepedralonga, fiel camarada do avó da futura líder da resistencia arraiana)

ChámomeSenlúa é son punta de lanza da resistencia arraiana.

Nada mellor para comezar o día que erguerse coa certidumbre de que hoxe estamos máis preto do noso horizonte. Nin os ecos do festexo de onte xogando ao frontón dentro da miña cabeza foron quen de desdebuxar o meu sorriso. Aínda non me desperezara cando viñeron a buscarme para que almorzara coas menestrais. Fun conducida a unha gran sala onde o estridente alboroto das voces conferiulle ao meu rostro un rictus delator. Pregaba por atopar un sitio discreto na mesa cando a miña mirada traicionoume cruzándose coa das ocupantes da cabeceira da mesa, quen repetían ostentosos xestos indicándome que me achegara. Irremediablemente encamineime hacia elas mentres un insufrible coro de gargalladas celebraba un chascarrillo sobre a miña resaca. Alí estaba eu compartindo mesa coa florinata da cidade, rindo as súas bromas e modulando monosílabos como resposta ás andanadas de preguntas mentres daba conta de todas as xarras de zumos ao meu alcance. Cando xa me abandonará a miña sorte ante o interminable suplício, o grupo de menestrales máis vellas encabezadas por Arúspice emplazoume a dar un paseo pola contorna da cidade. Incorporeime coma un resorte sen darlles oportunidade a cambiar de idea e apresteime a seguir a aquelas donas da miña gratitude.  Paseamos até un pequeno outeiro ás aforas da cidade. Petra, así a chamaban. A parada non era casual desde a cima do promontorio apreciábase toda a magnificiencia da cidade coronando a gran mole de pedra que lle daba nome e servíalle de fortificación natural. A brisa da mañá foi un reconstituinte e a conversa animouse adentrándonos nun quid procuo sobre a historia dos nosos pobos. Petra recobrara a vida hai apenas dous anos cando refuxiáranse nela un grupo de disidentes entre os que se atopaba Arúspice. A cidade resistiu ao desastre planetario pero as cicatrices da hecatombe déranlle unha apariencia fantasmagórica. As supersticiosas patrullas da Colmea evitaban adentrarse nas ruelas de Petra converténdose esta nun santuario para a disidencia. Coa rotación da terra definitivamente estacionaria coa translación do sol, Petra quedou ubicada ao suroeste da franxa. O val onde está enclavada a cidade rebelde, moi alonxada da capital da Colmea, foi dos primeiros territorios en escapar ao seu control. 

O proceso de desmoronamento do estado totalitario da Colmea resquebraxou o seu dominio militar nesta recóndita zona fronteiriza e os victoriosos enfrentamentos dos disidentes coas patrullas fixeron que estas se replegaran. A convulsa metrópoli cun goberno absorto nas loitas intestinas polo poder non era xa quen de manter o seu dominio en toda a franxa. A existencia dunha cidade rebelde espallouse entre unha poboación desexosa de fuxir do réxime de terror ao que estaba sometida. Pronto arribaron a Petra longas caravanas de refuxiados. Na cidade sobraban paredes onde acubillalos pero a escaseza de alimentos era perentoria. 

Arúspice relataba con pesar aquel período. Para alimentar a crecente poboación víronse obrigadas a asaltar e saquear poboados agrícolas cercanos. Os campesiños destes poboados apenas conservaban o suficiente para sobrevivir despois do paso das patrullas requisadoras da Colmea e agora tiñan que soportar o latrocinio do resto dos seus víveres por aqueles que se autoproclamaban os seus libertadores. Cando posteriormente a cidade rebelde agrandou os seus dominios e liberou estos poboados do xugo da Colmea ningún campesiño das localidades sumouse ás celebracións. As menestrais aseguraban que fixeron todo o posible por reverter a situación e gañarse a confianza destas aldeas, pero o seu resquemor e recelo está aínda presente nas relacións coa agora capital do territorio rebelde. Elas achacaban a falta de participación da xente das aldeas agrarias na vida política ao atávico rexeitamento do campesiñado a inmiscuirse nos asuntos da capital, limitándose a negociar o diezmo co rexente  de turno a cambio de protección. Ante a miña insistencia por coñecer mellor ao campesiñado detalláronme, nun ton non exento de desprezo, o seu sistema de terras e usos comunais e a súa xestión asemblearia. Ineficaz e primitivo o tildaron, pero a min evocábame ao meu fogar e neses intres de morriña fun presa de certa irritación contra as menestrais. A cal estivo a punto de desbaratar a nosa sintonía. Saín do paso preguntándolle como estaba articulado o resto do territorio rebelde. Segundo elas aparte da capital, Petra, e as aldeas agrícolas só dispoñían dunha serie de fortificacións na liña da fronte polo que excluindo os campos de cultivo extramuros de Petra toda a carga alimentaria recaía sobre as comunidades campesiñas. Erroneamente pareceume o momento de indagar pola capacidade militar rebelde, expúselles a miña sorpresa porque as milicias que nos atoparon non portaran armas de fogo e sen embargo as súas tropas foran quen de facer retroceder aos destacamentos fronteirizos da Colmea. O silencio e vacilación das menestrais para responderme deixoume claro a debilidade da confianza mutua. Esta vez foi Arúspice quen saíu ao paso aducindo  que todo o seu potencial armamentístico se concentraba na liña da fronte e acto seguido desencadenou unha batería de preguntas sobre o pobo arraiano. Eu xa tiña a composición de lugar para modular as miñas respostas. Unha descripción dun pobo arraiano númeroso e armado sería máis temido que desexado como aliado e nembargantes un pobo diezmado e feble sería ninguneado por irrelevante. O meu relato foi un traxe a medida que satisfizo en primeira instancia ás inquisitivas menestrais. Cando estas comenzaron a asoballarme solicitando detalles sobre os meus, escabullinme insistindo na necesidade de presentarme ante a miña escolta antes de que empezaran a preocuparse por min. O primeiro asalto rematou en empate técnico. Cando me reencontrei cos meus expliqueilles a necesidade de seguirlle o xogo ás menestrais pero que ao mesmo tempo tiñamos que averiguar máis para saber con certeza a correlación de forzas entre os rebeldes e a Colmea. Debemos aproveitarnos da situación privilexiada na que me coloca a superchería de que eu son a escollida polos ceos pero sempre tendo en conta que todo pode ser un perverso montaxe das menestrais para manipularnos e que sexamos a súa carne de canón. Estamos abocados a camiñar xuntas nunha fronte única pero canto máis as coñezo máis se menoscaba a miña confianza en que o seu camiño non se bifurque do noso cando menos o esperemos. As menestrais poden ter boas intencións pero son unha elite gobernista na que o corporativismo sempre prevalecerá nas súas decisións. 

Necesito descansar, hoxe foi un día longo coa migraña como inseparable compañeira. Se de algo estou segura é de non volver a catar ese brevaxe infernal.