O pleno de Gondomar aproba unha moción BNG sobre oscomedores escolares

BNG A Nova Peneira

Solicitan dos gobernos local e da Xunta a instalación dunha cociña nun centroescolar do concello que dea servizo a todos os centros educativos de Gondomar, tal como solicitan as ANPAS

Instán ao goberno de Feijóo a recuperar a xestión pública dos comedores como garanteduns servizos públicos universais e gratuítos

Gondomar, 30 de decembro de 2019

O pleno do concello de Gondomar aprobou naderradeira sesión de 2019 unha moción do BNG a respecto da xestión dos comedoresescolares do concello.

O BNG considera prioritario que a administración pública facilite os servizoscomplementares como comedor ou as aulas matinais no ensino público porque, ademaisde seren educativos e de saúde, son elementos primordiais para a conciliación das vidasfamiliares e laborais. Por iso, considera que debera asumir, paulatinamente, a súa xestiónpública e directa desde a administración galega, para garantir o dereito de acceso a esteservizo complementario e, sobre todo, a unha alimentación de calidade e de proximidade.

O alumnado escolarizado no ensino público de Galiza debería ter dereito a facer uso doservizo de comedor escolar, e desde logo o alumnado que ten que facer uso dotransporte escolar para a súa escolarización debería ter acceso gratuíto ao comedorescolar, establecendo uns prezos módicos para o resto do alumnado, co obxectivo finalde conseguir o acceso gratuíto para todo o alumnado do ensino obrigatorio e infantil.

O Partido Popular privatizou e externalizou este servizo con nefastas consecuenciaspara o alumnado. No caso de Gondomar, o modelo de xestión que Xunta e Concellocomparten é un modelo que ofrece comida de baixa calidade, cociñada en produciónindustrial, lonxe dos lugares onde se come e con moitas horas de antelación aomomento do xantar. O contrato do servizo ofertado polo concello contempla un prezo pormenú que non garante a calidade e que só beneficia as empresas, que buscan arendibilidade do negocio rabuñando o que poden a cada menú e a cada salario dos e dassúas traballadoras. Isto ten provocado ultimamente problemas co estado da comida quechega aos comedores escolares, ademais doutras incidencias detectadas polas persoasque atenden o xantar nos colexios e que veñen denunciando as ANPAS do concello.

Tamén hai deficiencias nos espazos para comedor de que dispoñen algúns centros. Así,no colexio Souto-Donas, nun comedor con espazo para 25 persoas vense obrigadas acomer en dúas quendas, co conseguinte presa dos primeiros para que non coman frío ossegundos, que non consiguen. No Serra-Vincios tamén hai problemas de espazo. Algomoi negativo tendo en conta que o espazo, o tempo e o ambiente no que comen as e osescolares incide de xeito considerable na súa relación coa comida e co feito de sealimentar.

As familias, a través das ANPAS, están a solicitar un modelo diferente, apostando porunha elaboración de proximidade, baseada na calidade dos productos e na comodidadede nenas e nenos, que dea seguridade ás familias.

Por esa razón, a moción presentada polo BNG e aprobada polo pleno, a excepción do PP,contemplaba os seguintes acordos:

– instar ao goberno local e o galego a acometer a ampliación dos comedores alí ondesexa necesario, e a facilitar, no inmediato, o investimento e instalación dunha cociña nuncentro escolar do concello que dea servizo a todos os demais centros de Gondomar,incluídas as aulas do CRA Antía Cal de todas as parroquias e os centros de secundaria,para que a empresa que actualmente presta o servizo elabore os menús na proximidadedos centros e con productos de calidade.

– instar ao goberno da xunta a retomar a xestión pública dos comedores para garantir odereito de acceso a este servizo complementario, que é tamén educativo, e a unhaalimentación de calidade e de proximidade.

Primer comentario

Deixa a túa opinión