Presentación das obras de mellora nas instalacións do pavillón municipal do Rosal

Mellora pavillón municipal do Rosal A Nova Peneira

Esta mañá tivo lugar a presentación das obras de mellora do Pavillón Municipal na que estiveron presentes Jose Ramón Lete, Secretario Xeral para o Deporte, Daniel Benavides Alonso, Xefe do Servizo Provincial de Deportes, a Alcaldesa do Rosal  Ánxela Fernández Callís, o concelleiro de Deportes Germán Fernández Rodríguez, Mª del Carmen Alonso Alonso concelleira do PP do Rosal, e Andrés Senra e Rafael Vicente presidente e membro da directiva do club  Acanor Atl Novás.

Estas obras realizáronse mediante a sinatura dun convenio entre o Concello do Rosal e a Secretaría Xeral para o Deporte, nas que se investiron un total de 46.883,58 EUROS e consistiron na ampliación e remodelación da zona de vestiarios e duchas, así como a realización dun aseo adaptado, cerramentos e división, revestimentos, pavimentos, fontanería e sanitarios, electricidade e equipamentos.

Logo de varias reunións mantidas entre o novo equipo de goberno e o club Acanor Atl. Novás, principal usuario das instalacións deportivas, decidiuse modificar o  proxecto inicialmente previsto coa finalidade de adecualo ás necesidades reais do seu uso.

Desde o concello agradecemos á Xunta de Galicia e agardamos poder contar con eles para a realización da segunda fase de melloras que queda pendente no pavillón municipal.

Primer comentario

Deixa a túa opinión

A súa dirección de correo electrónico non será publicada.


*