O velódromo municipal  de O Porriño escenario da loita polas medallas de campións galegos de ciclocrós

Ciclocros Concello do Porriño A Nova Peneira

A pasada fin de semana o velódromo municipal de O Porriño  volveu latir a ritmo de pedalada. Esta vez o Campionato Galego de Ciclocrós disputouse no concello de O Porriño de mans da Asociación Deportiva  Avanza. Baixo unha xélida mañá onde a unha temperatura de  cero grados, os mais pequenos arrancaban unha  xornada de espectáculo cun velódromo que presentaba un circuíto exixente que agradou tanto os amantes do barro coma os amantes da velocidade.

A asociación deportiva Avanza poñía peche a unha xornada de duro traballo na organización do evento con catro medallas entre os  integrantes da Asociación. Onde a ponteareá  Uxía Soto conseguía subir o mais alto do podio proclamándose  campiona galega de ciclocrós na categoría cadete femina seguida da porriñesa Laura Mira integrante do club ciclista Redondela, na categoría  cadete masculino Iván Fernández e Andre Martínez conseguían subir o segundo e terceiro posto de podio. Na categoría máster 40 Xacob Agra o corredor do club Master da Louriña e membro dirección deportiva  da escola de ciclismo Avanza acadaba a segunda posición, e na categoría Elite o director deportivo da escola de ciclismo conseguía a medalla de prata.