“Por min e por tod@s os meus compañeir@s”

Gastro tabera As Pedriñas Novas
Teatro Nigrán A Nova Peneira

CEIP Humberto Juanes de Nigrán pon o cartel de completo na súa obra de teatro solidaria a favor de UNICEF

Momentos da actuación dos alumnos de 4º de primaria do CEIP Humberto Juanes

O xoves 19 de decembro, ás 17:00 horas, tivo lugar ,no auditorio do concello, a obra de teatro: “Por min e por tod@s os meus compañeir@s”. Os nenos e nenas de 4º de primaria do CEIP Humberto Juanes quixeron recaudar fondos para UNICEF cunha obra de teatro onde os dereitos dos nenos foran os protagonistas: ter unha vivenda digna, alimentación, ser atendidos cunha sanidade pública,… entre outros. Unhas pequenas formigas preguntábanse quen sería o máis forte e importante do mundo e chegan a conclusión que todos somos importantes e todos aportamos o noso grao de area. As titoras, Carmen Pose e Mónica, e as familias amosáronse moi orgullosas do bo traballo e resultados amosados no escenario. Ademáis xuntaron un bo donativo: 914,80 €. Parabéns rapaces!!!

Primer comentario

Deixa a túa opinión

A súa dirección de correo electrónico non será publicada.


*