O acordo asinado polo BNG conseguiu poñer enriba da mesa a necesidade de buscar unha solución a crise industrial que sofre a ría de Vigo

Néstor Rego BNG A Nova Peneira

Néstor Rego lembra que non só sae beneficiada Galiza, tamén moi de preto os intereses dos vigueses e viguesas, que verán solucionarse problemas como a suba das peaxes nos tramos da AP-9 ou a crise industrial

O deputado recorda que se creará unha comisión de seguimento para o cumprimento das medidas asinadas no acrodo co grupo socialista

Vigo, 10 de xaneiro de 2020

O deputado, Néstor Rego, reuniuse hoxe en Vigo co portavoz do BNG na cidade, Xabier P. Igrexas, para dar conta do alcance do acordo de investidura subscrito entre o BNG e o PSOE, e que recolle importantes compromisos, non só para Galiza, tamén para a cidade de Vigo.

O concelleiro do BNG na cidade de Vigo, Xabier P. Igrexias, apuntaba que “a recuperación da presenza do BNG no Congreso dos Deputados non só ía permitir que o noso país existise, se non que ía ser tamén un voto decisivo” e que garantiría “os intereses de Galiza e de Vigo”. Do mesmo xeito apuntaba que “onde se ten que constatar que se ten en conta a Vigo e a Galiza é nos comprimisos e decisións políticas”.

Pola súa banda, o deputado Néstor Rego salienta “a mudanza que se produciu de Galiza no papel que xoga no Estado”. A presenza dun único deputado do BNG fixo desbloquear as solucións a moitas das necesidades e problemas que está a vivir o país e que o propio Goberno da Xunta non foi capaz de facer en dez anos. “É unha cuestión de vontade política” apuntaba o deputado.

GRATUIDADE DA AP-9

Con este acordo márcase unha solución ás peaxes da AP-9, que viñan sendo unha dinámica de subas continuadas ata chegar a ser “insoportábeis, especialmente para o sector profesional do transporte e das empresas na medida en que encarecía os custos” salienta Néstor Rego. É unha das poucas autoestradas do Estado español que por decisión do Partido Popular e do Partido Socialista ten un periodo de concensión ata o ano 2048, prolongándose máis de 70 anos.

Para poñer freo a estas subas, o deputado recorda que o acordo asinado entre as dúas forza obriga “a que haxa como mínimo, un desconto do 100% para os usuarios recorrentes, é dicir, para aquelas persoas que fagan como mínimo dúas viaxes no mesmo día terán a viaxe de maneira gratuíta”. No referente ao tramo Vigo-Redondela, para o deputado é fundamental que se converta canto antes nunha zona libre de peaxes.

MODERNIZACIÓN DA REDE FERROVIARIA

Nos últimos anos a atención ferroviaria estivo posta na liña de alta velocidade con Madrid, deixando esquecida a propia rede interior. É urxente compensar o déficit nas estructuras ferroviaria internas e traballar na modernización desa rede ferroviaria.

CRISE INDUSTRIAL

No acordo tamén se presta atención á crise industrial que sofre Galiza. Con singularidade a construcción naval tanto na ría de Vigo como na ría de Ferrol. No caso da cidade de Vigo cunha situación moi grave, en concreto con Vulcano e Barreras, mais hai que buscar solución a estes estaleiros para darlle estabilidade e continuidade á construcción naval na ría de Vigo.

REXENERACIÓN DAS NOSAS RÍAS

Unha das demandas históricas do Bloque Nacionalista Galego en toda a costa galega é a rexeneración e saneamento das nosas rías. Aínda que no acordo se trata singularmente a ría do Burgo, o deputado nacionalista afirma que denden o BNG “vamos prestar atención ese compromiso que establece o goberno con caracter xeral de saneamento e de atención á rexeneración das nosas rías que se cumpra coas medidas e cos proxectos que sexan oportunos en cada caso”.