O Museo do Viño presenta unha oferta ampla e variada de cursos e experiencias para o ano 2020

Museo do viño Concello de Salvaterra A Nova Peneira

Dende que se abriu o ano pasado no mes de marzo, o Museo do Viño do Condado está sendo un referente en toda a comunidade. As máis de 3.000 persoas que nos visitaron neste primeiros meses de andadura coinciden en destacar a gran calidade do museo, pero sobre todo a súa interactividade.

Nestes primeiros meses dende o Conxunto museolóxico lévanse impartido diferentes charlas e cursos cun gran éxito de participación, ademais está sendo utilizado polo sector profesional como referente nas visitas nacionais e internacionais utilizándoo como unha ferramenta fundamental na promoción do noso sector vitivinícola; e nesa liña séguese traballando, xa que tanto dende o Concello como dende a Cofradía do Viño do Condado do Tea e Espumosos cremos que é necesario que este museo sexa un museo vivo, que ademais da exposición fixa oferte aos usuarios outras opcións e alternativas vinculadas co propio sector, e é así como nace este programa de actividades para o ano 2020.

Dende o Museo do Viño presentamos hoxe conxuntamente, dende o Concello e a Cofradía, unha oferta ampla e variada de Cursos formativos para o ano 2020, un proxecto ambicioso e pioneiro en canto a volume de actividades programadas durante todo o ano que van dende un curso de iniciación á cultura do Viño, onde se busca , sen coñecementos previos e en moi pouco tempo, conseguir entender moito mellor o viño e aprender a aprecialo; cursos sobre os grandes clásicos: España, Francia, Italia e Portugal onde se fará unha viaxe fantástica polas paisaxes, sabores e culturas destes países; ofertarase tamén un curso sobre as 9 grandes, as variedades de uva que conquistan o mundo, variedades que calquera afeccionado ao viño escoitou algunha vez: cabernet sauvignon, chardonnay, shyarah.. Neste curso coñeceremos as súas características fundamentais, os diferentes estilos de viños que producen ao largo e ancho do planeta e aprenderemos a diferencialos e aprecialos.

E rematamos a parte formativa coa impartición da Certificación WSET: Cualificación de Nivel 2 en viños. WSET é unha organización con sede en Londres e estendida por todo o mundo que conseguiu converterse na referencia internacional na formación do viño.

Como parte novidosa dende a organización ofértanse nove experiencias en adegas baixo o lema “DA CEPA A COPA” que implicarán as adegas e aos profesionais na impartición de clases prácticas na produción e formación en espaldeira e outros sistemas, en enxertos, en mantemento do chan e laboreos, no manexo de vexetación e poda en verde, nas enfermidades e pragas da viña, no aclareo de acios e destetado e desfollado, no seguimento de maduración e toma de mostras, na vendima e elaboración de viños brancos e tintos e no seguimento das distintas elaboracións. Experiencias que rematarán cunha cata de viños das adegas visitadas.

Primer comentario

Deixa a túa opinión