Festas de San Antonio na parroquia de Mirón de Ponte Caldelas

Festas de Mirón A Nova Peneira

Os pasados 17 e 18 de Xaneiro, a parroquia Pontecaldelá de Mirón celebrou as tradicionais festas de San Antonio. Os dous días máis especiais da parroquia iniciáronse cunha misa na capela de Tourón seguida polas tradicionais poxas de San Antonio. A primeira hora do sábado 18 desenvolveuse un espectacular pasarrúas, que foi acompañado polo grupo AIRIÑOS DE PONTE CALDELAS que ofreceu un concerto na carballeira de Mirón. E como non podía ser doutra maneira, o sábado á noite a festa rematou cunha gran verbena amenizada polas orquestras TRÉBOL e LA OLA ADN. A espectacular carballeira de Mirón e as súas festas de San Antonio son uns dos múltiples motivos polos que é moi recomendable non perder a oportunidade de coñecer a fondo o fermoso concello pontecaldelán, o que recomendamos a calquera lectora ou lector que estea interesado en admirar a beleza infinita da Galicia interior.

Primer comentario

Deixa a túa opinión

A súa dirección de correo electrónico non será publicada.


*