Só o PP no Parlamento galego vota en contra da iniciativa do BNG para reprobar a ilegalización de partidos democráticos proposta pola a Asemblea de Madrid

Bará BNG A Nova Peneira

Luís Bará afirma que a democracia é máis grande que España e pide ao PP que rompa os acordos con forzas “reaccionarias, machistas e racistas”

Santiago, 29 de xaneiro de 2020

O deputado do BNG, Luís Bará reclamou hoxe un posicionamento de todas as forzas parlamentarias galegas contra o acordo da Asemblea de Madrid sobre a ilegalización de partidos como o BNG.

Na súa intervención Bará lembrou que o Partido popular goberna coa “ultradereita” aprobando medidas en contra dos dereitos das mulleres e a democracia pero tamén en Galiza están introducindo os “cabalos de Troia, fascistas, de ultradereita e machista cando pola porta de atrás falan do veto parental ou o inexistente síndrome de alienación parental”.

O deputado do BNG pediu ao PP que se posicionara sobre a proposición non de lei nacionalista e cominou ao grupo maioritario e facer público co seu voto de que lado están. l

Tras a intervención do popular Alberto López Couñago, o deputado do BNG reiterou que o único antídoto contra a ultradereita en Galiza “é o BNG” como se demostrou nas eleccións do mes de novembro impedindo que entrara pola provincia da Coruña unha forza “machista, fascista e antigalega”. A ultradereita non está presente nos lugares nos que está o nacionalismo, afirmou, e “VOX non ten representación en Euskadi, Cataluña, Navarra e Galiza”.

Primer comentario

Deixa a túa opinión