Ecoloxistas en acción contra o túnel da Porta do Sol

Paseo de Alfonso Concello de Vigo

“Porta do Sol-Paseo de Alfonso: peonalización si, túnel non”

Convidamos ao goberno da cidade de Vigo a abandonar a vacua xestualidade amparándose nas timoratas medidas adoptadas até agora e a centrar esforzos en abordar a perentoria emerxencia climática. Unha mobilidade verde e sostible non se erixe sobre túneles de CO2. Este extemporáneo desarrollismo retrotrae Vigo aos miopes tempos do escalextric. Disuadir e colectivizar son os verbos que temos que conxugar polo carril rápido co tráfico contaminante. Non necesitamos alardear de vanguardismo senón de intelixencia colectiva adoptando as medidas exitosas en práctica noutras cidades.

O proxecto do tunel de Porta do Sol – Paseo de Alfonso non reduce a contaminación por emisións de CO2 a atmósfera, xa que se agocha o tráfico de automóbiles baixo un tunel. O efecto disuasorio que tería a peonalización da zona pérdese coa mellora da fluidez do tráfico que aportará o tunel, máis aínda ao establecer unha comunicación directa con Conde de Torrecedeira como se prevé no último «cambio do proxecto».

Vista arera da zona afectada polo tunel

O Concello de Vigo asinou a Declaración de Emerxencia Climática que lle propusimos as asociacións ecoloxistas en setembro do ano pasado pero o goberno local debeu perder o manual de como levala a cabo porque este proxecto contraven non só aquela declaración senon incluso as medidas propostas na declaración de Emerxencia Climática feita polo propio Goberno de España. Con esta remodelación da Porta do Sol – Paseo de Alfonso non se preserva o centro da cidade do tráfico de vehiculos para estabrecer zonas libres de emisións senon que vaise acadar o efecto totalmente contrario.

Ademais, por contra nin se favorece o transporte público nin a mobilidade peonil ou alternativa, como en biciletas, xa que só se peonalizan esas rúas, pero non se favorece o acceso peonil ás mesmas, senón o acceso por medio do transporte individual en automóbiles. Tampouco se elimina a contaminación acústica, pois amplíase nas entradas e saídas do túnel co efecto bocina amplificador.

Cadea humana acordonando a zona afectada

Os gastos de construción do túnel son innecesarios, puidendo dedicalos a aquelo para o que, presuntamente, a UE os aporta, para reducir emisións e facer unha cidade máis vivíbel, ou sexa, máis ecolóxica, utilizando eses recursos de que se dispoñen para «facer as cousas ben» e para «facer aínda máis cousas» nese sentido.

En definitiva, trátase do modelo de cidade que queremos. E con este proxecto continúase e favorécese un modelo de cidade no que se prioriza o transporte individual en vez da redución do mesmo e de favorecer, pola contra, modelos alternativos, máis ecolóxicos, de vida urbana.