O deporte en Redondela

Deporte Redondela A Nova Peneira
É o momento! construírmos o futuro Galicia en común Podemos
G.Figueiredo

Na vila de Redondela son ben afeccionados ao deporte, e en case todas as modalidades deportivas, como por exemplo en: remo, tenis e pádel, patinaxe, tiro con arco, motos, Ski acuático e balonmán contan cunha representación máis que digna levando con orgullo o nome de Redondela( ou de Chapela) polo mundo adiante

Imos coñecer algunha das máis importantes:

Club Remo de Cesantes, que conta con categorías de infantís, cadetes, xuvenís e senior. O club participou en todas as regatas da Federación Galega de Remo nas modalidades de bateis, trainerilla e traiñeira.

Club de Remo Chapela, este é unclub de remo de banco fixo fundado no ano 1984. Participan en regatas de todas as categorías e modalidades: batel, trainerilla e traiñeira.

Centro de Deportes Acuáticos Chapela, con actividades dirixidas, escola de natación, zona de fitness cunha sala de aproximadamente 300 m² acristalados en dous laterais, zona tonificación, peso libre.

Club de Tenis e Pádel Redondela, con clases de iniciación e perfeccionamento, competicións, torneos e eventos.

Club Patinaxe Artística Arealonga Chapela, este club é aberto a todos os públicos a partir de 3 anos.

Club Patinaxe Artístico Bolboreta, esteClub de patinaxe artístico de Redondela é para nenas e nenos de diferentes idades e niveis.

Meigarco Club de Tiro con Arco, con cursos de iniciación e perfeccionamento de tiro con arco, competicións e torneos.

Motoclub Redondela, esteclub de motos que conta con varios anos de historia que realiza diversos eventos ao ano como concentracións e encontros de motos e moteiros na localidade e os arredores.

Nova Ski, nas modalidade de Ski Náutico como Freeski, figuras, slalom, wakeboard, wakesurf, wakeskate, hydrotubes, rutas, competicións e paseos en barco.

O Casa Paco: Esta é unha escola de fútbol base que ao longo de moitos anos ven formando a distintas xeracións de nenos de Redondela na práctica deste deporte,e cuxa alma mater o gran Manolo merece, sen dúbida un recoñecemento superlativo do pobo de Redondela, polo seu grande traballo ao longo de tanto tempo

O Club de fútbol Choco e de balonmán o Sar ou o Chapela, é destes tres últimos, se cadra os de maior relevancia, son dos que imos profundar un pouco.

Choco Redondela

Club Deportivo Choco: este é un equipo de fútbol fundado en 1953 e ten preto de 500 socios, actualmente milita na Terceira División, no grupo 1. O seu equipamento é camiseta vermella, pantalón azul e medias vermellas.

O actual Club Deportivo Choco naceu en 1953, chegando a xogar sete tempadas na terceira división galega e tendo nas súa filas a grandes xogadores, destacando Benito Rubiñán . O seu equipo de xuvenís realizou tamén grandes tempadas, chegando a quedar quinto na Liga Nacional. Na actualidade conta cun equipo afeccionado que participa na Rexional Preferente Galega grupo Sur, un equipo de xuvenís na Liga Galega e así ata equipos de promesas.
Xoga no campo de fútbol de Santa Mariña situado na saída de Redondela dirección Pontevedra, onde tamén xogan e adestran todos os seus equipos inferiores.

Conta con Escola de Fútbol base e que empeza polo Prebenxamín ” B” e remata con Xuvenil “A” da liga Galega Grupo 2.

O Deportivo Balonmán Chapela fundouse no verán de 1967, cando varios veciños de Redondela animaron a “Paco” Francisco Domínguez Araujo, que naquel entón era xogador do “ Vulcano”, para que ensinase e adestrase a un grupo de mozos.

Así naceu o primeiro equipo de balonmán, o “atlético de Chapela”. Tratábase dun equipo de categoría xuvenil, que adestraba no “campo parroquial do Cura” e que disputou o seu primeiro partido oficial en Chapela o 12 de Outubro de 1967.

Os primeiros éxitos conseguíronse na tempada 1969/1970, cando o equipo senior proclamouse campión de Segunda Provincial, ascendendo a Primeira mentres que o equipo xuvenil se clasificou para xogar a fase do campionato de España, celebrado en Lugo.

A consolidación chegoulles na tempada 1971/72, na que os seniors loitaban polos primeiros postos da táboa e os xuvenís proclamábanse campións galegos, clasificándose para o campionato de España, que xogaron en Málaga e no que conseguiron un meritorio quinto posto. Ao ano seguinte volveron ao sector nacional, esta vez en Granada, onde obtiveron a sexta posición.

Un feito destacable e sen dúbida tamén importante para a historia do club produciuse no ano 1979, cando un grupo de mozas, animadas pola gran afección que había na parroquia. Decidiron vestirse de curto e fundar o primeiro equipo de balonmán feminino.

Durante os seguintes anos os logros deportivos foron forxándose a base de dedicación, sacrificio e moita ilusión e a gran recompensa chegou o 28 de Abril de 1996, cando o primeiro equipo, nun partido inesquecible no que venceu ao Anaitasuna de Navarra, conseguiu facer realidade o soño de ascender aos máis alto, a liga Asobal na que permaneceriamos catro tempadas, que nunca esqueceran os seus afeccionados.

Para o equipo de Primeira nacional masculino estes últimos anos foron moi positivos conseguindo 2 Campionatos ligueiros e asistindo a 3 Fases de ascenso a “división de honra B” e a disputa dunha tempada en División de Honra B 2013/2014 na que non se puido manter a categoría tras un final de tempada moi axustado. O cal lles anima a continuar traballando e permitíndolles “soñar” con novos éxitos.

Moi destacables tamén son as continuas alegrías que nos deu o equipo de División de Honra B Feminina, que con abnegación e empeño conseguiron o ascenso na tempada 2012/2013 e desde a tempada 2013/2014 conseguen ano tras ano manter a categoría tras proclamarse campioas en Primeira Autonómica Feminina e chegando a conseguir moitos campionatos ligueiros; varios deles consecutivos; e abrigo asistir, á horrible cifra de 15 Fases de Ascenso .Traballando como o fixeron ata o de agora, estamos seguros que conseguirán máis éxitos.

Non podemos esquecer tampouco aos equipos das categorías inferiores que veñen apertando con forza e nos que teñen depositada toda a nosa ilusión, pois saben que son o futuro do club e están seguros que algún día darán os froitos do seu esforzo e dedicación .Esta tempada contan con case 200 nenas e nenos repartidos nas distintas categorías, que esperan seguir aumentando.

Fonte: Balonmanchapela.com.

S.A.R. balonmán. En 1963, cando falar de hóckey ou tenis era sinónimo de ser políglota, un grupo de mozos de Redondela decidiu apostar polos deportes minoritarios. Con fe, como nacen os proxectos humildes, e con poucas horas de sono, logrou instituírse o que desde un comezo se chamou a Sociedade Atlética de Redondela, ou a SAR, familiarmente.

Moitas ilusións, quizais demasiadas, aínda que sexa para comezar de xeito contundente, fixeron desta esperanza unha realidade plural e extensa. A SAR significaba, modestamente, a actividade deportiva e cultural de todo o pobo: campionatos de atletismo ou natación, torneos de xadrez, exposicións de pintura, festivais musicais, etc.

A cultura estivo moi presente nos primeiros anos de andaina da SAR.

Un ano despois do primeiro empurrón xorde a sección de balonmán, e con ela unha filosofía e un club que perdura aínda hoxe. Cos atrancos económicos propios de calquera inicio, os distintos equipos foron achegando o seu esforzo e compromiso, de tal xeito que na actualidade as novas xeracións de xogadores poden gozar da oportunidade de participar en competicións de grande nivel.

Pouco a pouco foise afianzando como un dos equipos históricos do balonmán galego, e soubo sempre manterse entre os privilexiados. Sen grandes aspiracións económicas logrou, aínda así, fitos importantes: en primeiro lugar, consolidar o seu sitio en Primeira Nacional, e en segundo lugar regalar á súa afección inesquecibles tempadas en división de honra B, sen dúbida algo impensable cando naceu, case coma unha complicidade entre amigos coa idea dunha cor.

Se hai algo que caracterizou a SAR dende a primeira pedra é a súa filosofía: clara e firme. E todas as etapas polas que atravesa evidencian esta tendencia que é un selo de carácter ou, máis ben, unha aposta e unha ilusión.

Dende as categorías inferiores ata o primeiro equipo todo se vai enfiando a partir do mesmo punto: confiar a base do grupo á xente da casa, isto é, depositar a responsabilidade na xente nova de Redondela, co fin de crear unha entidade que represente fielmente a vila, cun gran poder identitario.

Por suposto, esta iniciativa, esta maquinaria, necesita dunha perfecta engrenaxe, e dende a SAR promóvese unha motivación esencial: a implicación.

A implicación aparece cando non fai falta buscar, cando todo se move nunha mesma dirección. Neste sentido o club nútrese dos seus propios membros para organizarse: son xogadores, directivos e persoas do contorno próximo que se converten en adestradores, delegados ou monitores, proporcionando o capital humano necesario para dar resposta a todas as necesidades.

Froito deste traballo colectivo atopamos o que se coñece hoxe como a SAR, un total de dezaseis equipos que inclúen: un Sénior masculino en Primeira Nacional, e un feminino en Segunda Nacional; un Sénior masculino en Segunda autonómica; un xuvenil masculino e un feminino na liga galega; un cadete feminino e un masculino na liga galega; un infantil feminino e un masculino na liga galega; un infantil masculino, tres alevíns mixtos e tres benxamíns mixtos en liga provincial; e ademais as escolas deportivas cunha importante canteira de promesas.

O SAR trata de construír unha verdadeira escola para o deporte coa que formar e dar saídas aos nenos e nenas dende idades moi temperás. Unha posibilidade de sa diversión que se inclúe xa dende o ensino máis básico nas escolas.

Fonte: sarbalonman.blogspot.com.

Primer comentario

Deixa a túa opinión