O BNG denuncia novas deficiencias no servizo de catering prestado nos colexios públicos de Gondomar

BNG A Nova Peneira

As ANPAS do Concello inician recollida de sinaturas para demandar a instalación dunha cociña nun centro da Vila que permita a elaboración dos menús en proximidade e con produtos de calidade

Gondomar, 6 de febreiro de 2020

O BNG ven de denunciar que, máis unha vez, a comidaque se serve nos comedores dos centros públicos de ensino de Gondomar carece dos máis elementais controis de calidade. Así, no día de hoxe, no CEIP Chano Piñeiro detectaron apresenza de insectos na leituga da comida das crianzas.

No pleno do Concello de Gondomar celebrado en decembro, foi aprobada unha moción do BNG a respecto da xestión dos comedores escolares do concello, na que se instaba aogoberno galego, en quen recae a competencia do servizo, e ao goberno local, que manténun convenio coa Xunta, a mudar o actual modelo que ofrece comida de baixa calidade,cociñada en produción industrial, lonxe dos lugares onde se come e con moitas horas deantelación ao momento do xantar.

Neste sentido ás asociacións de nais e pais dos centros de ensino do concello, a través daFederación de ANPAS do Val Miñor (FAVALMI), inician unha recollida de sinaturas parainstar á Xunta e Concello a instalación nun centro educativo da Vila dunha cociña concapacidade para elaborar os menús do alumnado de todos os centros de Gondomar, e anegociar coa empresa de catering que ten o contrato do servizo para que esta teña queelaborar a comida nela.

Deste xeito, a comida pasaría a ser elaborada en proximidade e con produtos de calidade,garantindo unha mellor alimentación do alumnado e a tranquilidade das familias, e actuaríacomo medida tendente a cambiar o actual modelo de xestión dos comedores.

Primer comentario

Deixa a túa opinión

A súa dirección de correo electrónico non será publicada.


*