O alcalde de Gondomar recibe aos pequenos emprendedores da cooperativa Coopevincios

Cooperativa Coopevincios A Nova Peneira

Gondomar, 14 de febreiro 2020

A directiva desta cooperativa, integrada pola nenos Uxía, Roi, Andrea, Paula e Martín, entrevistouse esta mañá co rexedor, Paco Ferreira, ao que lleexplicaron o proxecto posto en marcha polos corenta alumnos de 5º e 6º daEducación Primaiado colexio Serra Vincios.

Paco Ferreira felicitou aos estudantes pola súa iniciativa e recoñeceu estar gratamente sorprendido pola calidade e orixinalidade dos produtos, todos eles elaborados partindo da reciclaxe e a reutilización doutros elementos. Durante a entrevista coñeceu os pormenores de Coopevincios, así como as diferentes tarefas que se realizan e como se distribúen entre os cooperativistas.

Lembrou “que calquera idea emprendedora terá un apoio por parte do meu goberno, e máis cando apostan por iniciativas que, como neste caso, promoven a cooperación e a aprendizaxe sen esquecer o aspecto solidario”.

Coopevincios elabora candeas, xogos, peto ou marcapáxinas con produtos reciclados ou reutilizados e os estudantes anunciaron a súa intención de participar no Rastrillo de Primavera de Gondomar, o próximo 21 de marzo, e aproveitaron para preguntar ao alcalde sobre a documentación que deben presentar para facelo. A recadación que se obteña da súa venda destinarase nun 75% á Fundación Fran Gil “700 camisetas solidarias”, e o resto á organización dunha viaxe a Madrid para poder asistir ao musical “O rei León”.

Aproveitaron a súa visita para explicar a Paco Ferreira a función que desempeña cada un na cooperativa, con postos como o de presidente, interventor ou secretario e como desenvolven o traballo día a día no centro, onde a colaboración do profesorado e as propias familias é fundamental.

Paco Ferreira destacou, por último, a importancia deste tipo de iniciativas, que se desenvolve no marco do programa “Depoemprende Educación” da Deputación, porque “potencian valores tan importantes como o emprendemento, a convivencia ou a creación, entre outras moitas competencias”