Yonathan Carreira xerente de Estrela de Marín

Estrela de Marín A Nova Peneira

Yonathan é o xerente da Asociación do Centro Comercial Local Estrela de Marín, case desde que era un rapaz, e acaba de ser nomeado presidente da Asociación Galega de Centros Comerciais Abertos. Serio, solvente e rigoroso Yonathan é o traballador que toda empresa quixera ter na súa equipa. El é bo amigo da Nova Peneira desde hai moitos anos, e estamos seguros que a Asociación Galega de Centros Comerciais Abertos non podería ter escollido a un presidente mellor. Achegámonos ata Marín a conversar con el sobre a realidade cotiá do pequeno comercio.

AMAZON É COMPETENCIA DESLEAL PURA E DURA”

Temos que parabenizarte porque acabas de asumir unha responsabilidade moi importante. Cóntanos cal é?.

Hai quince días que acaban de elixirme presidente da Asociación Galega de Xerentes de Centros Comerciais Abertos.

Cantos Centros Comercias hai?

Hai 52 en Galicia. Nestes intres á asociación pertencemos 42 C.C.

É dicir, que baixo a túa responsabilidade tes 42 C.C. E desta recentemente fundada Asociación da que ti es o primeiro presidente, cóntanos como foi este proceso de elección?

Neste caso o que se fixo foi convocar unha reunión con tolos os xerentes de Centros Comerciais de Galicia. Xuntámonos na sede Social que está en Compostela, alí temos un despacho. Presentamos o que é a asociación que fundamos entres as cidades de Compostela, Cambados e Marín. Entre todos os compañeiros e compañeiras falamos do proxecto que queremos facer con esta Asociación e eliximos a Xunta Directiva. Os meus compañeiros e compañeiras decidiron que eu foxe o presidente, acompañado de Enrique Núñez do Centro Príncipe de Vigo como vicepresidente, Javi Paz de Cambados como tesoureiro, Mónica Tomé da zona Monumental de Pontevedra como vogal, e Xosé Anxo Núñez de Compostela como secretario.

Cales van a ser as competencias da asociación, que pretende facer e cal vai ser exactamente o teu traballo?

Estamos nun momento que o comercio de proximidade o está a pasar bastante mal, queremos actuar como un enlace entre o comercio e a Xunta.

O que queremos por en valor é a profesións de xerente porque as Asociacións funcionan porque hai unha persoa, neste caso o xerente, que traballa a prol da asociación. De feito, un dos requisitos que marca a Xunta para considerar un Centro Comercial Aberto, é contar cunha xestión personalizada. Partindo desta base queremos que a Xunta nos teña en conta, tanto á hora de implementar as políticas comercias, para as que é certo que existen axudas, pero consideramos que estas están obsoletas.

Que son insuficientes?

Insuficientes e hai que adaptalas aos novos tempos.

Proliferación de grandes áreas, os hábitos de compra mudaron por completo e, sobre todo, a presenza de internet. Hai que loitar contra un xigante, Amazon, e as liñas de orde hai que modificalas.

Que é máis perigoso para o comercio de proximidade, os macro-centros comerciais ou a venda online?

Consideramos que a venda por internet. As áreas comerciais existiron sempre, sempre houbo unha simbiose entre o pequeno comercios é a grande área. O modelo de Pontevedra si que nos convence, é polo que queremos decantarnos. Este é un modelos no que non existen as grandes áreas, lóitase a prol do pequeno comercio. Amazon é como unha plataforma, pero vende directamente. Consideramos que isto é unha competencia desleal pura e dura.

Amazon é ademais moi poderosoo, verdade?.

E tanto que si. Nós no Estrela de Marín temos un servizo urxente de entrega a domicilio e traballamos para as reparticións de loxística con dúas empresas,. No noso caso non me consta, pero si que me comunicaron varios asociados que, agora mesmo, Amazon ten tanto poder que o seu reparto ten preferencia. Isto é unha barbarie.

Cantos socios pode ter Estela de Marín aproximadamente?

Estamos en 152 asociados.

É unha porcentaxe moi significativa en relación co comercio que hai en Marín?

Si, cubrimos os sectores de servicios, comercio e hostalería. Na Asociación galega temos preto de 10.000 comercios e abarcamos as catro provincias.

E non che asusta tanta responsabilidade?

Non, todo o contrario, estou moi ilusionado. De feito, tivemos moita repercusión, presentamos o proxecto un martes, e ao día seguinte chamáronos do Parlamento para ter reunión con distintos grupos parlamentario. Agora coa convocatoria de eleccións paralizouse o tema.

Concertaron reunións con vós todos os grupos parlamentarios?

Si, os cinco grupos están interesados. De feito, estamos traballando nun documento consensuado con todos os xerentes, para cando se conforme o novo parlamento facerlle chegar aso novos grupos parlamentarios as nosas reivindicacións que consideramos fundamentais para o tecido comercial.

E a colaboración do Concello de Marín co estrela de Marín, como é, estás satisfeito?

É mellorable. Na primeira xornada de traballo o día que presentamos a asociación, comentamos as achegas económicas que fan os diversos municipios. Precisamente, o entorno do Morrazo, Cangas, Bueu, Moaña e Marín son os catro concellos que menos colaboran.

Cales son, ao teu xuízo, as principais necesidades que ten o pequeno comercio de Marín?

Hai problemas de liquidez e estamos en contacto con entidades financeiras para que renoven as pólizas de créditos. Estamos satisfeitos coa colaboración con A Caixa, agora mesmo é a única entidade que ten obra social e me consta que están asinando operacións crediticias.

E non cres que tamén ten un problema grave de falta de estacionamento? Eu creo que é insuficiente para a cantidade de visitas que recibe Marín.

Eu creo que non, pero hai que ter en conta que desde a entrada de Marín ata o molle, o estacionamento é gratuíto.

Agora estamos traballando nunha ordenanza municipal consensuada por nós e a través dunha iniciativa do grupo socialista para implementar unha zona azul rotatoria e de balde.

Sabemos que hai moita xente que ten garaxe, por comodidade deixan o coche na rúa e están ocupando unha praza que non lles fai falta. Tamén hai usuarios que non moven o coche en toda a mañá e prexudican notablemente a todo o comercio. Pretendemos con este

Ben, o primeiro conseguir colaboración municipal; segundo, asinar convenio colaborador con entidades financeiras. Que máis?

En Marín estamos traballando para presentar o antes posible outro Marketplace, hai que innovarse ou morrer. Queremos que sexa un Amazon local. Xa temos practicamente a plataforma preparada e pechando o apartado loxístico. Cónstame que hai moito interese, o ano pasado formamos a todos os asociados cun curso de seis meses sobre venda online, esta é a meta fundamental para este ano.

Tamén é moi necesaria a remuda xeracional. Hai moitos negocios que se xubila o propietario e non hai continuidade. Xa por parte dos comerciantes consideran que isto non ten futuro e non se implican en que segan os seus fillos e fillas coas tendas. Isto é moi duro e un problema moi grande. Intentamos dar formación para que se adapten aos novos tempos, intentamos asinar un número posible de convenios para que teñan vantaxes competitivas no seu negocio e poidan aforrar custos, traballamos 100 por 100 a prol do pequeno comercio.

Ti es un tipo moi imaxinativo, cal é a túa formación?

Eu son de Teo. Estudei empresas en Santiago, despois a miña parella daquela, que hoxe é a miña muller, veu rematar a súa carreira a Pontevedra de Comunicación e Audiovisuais, eu vin vivir con ela a Pontevedra, matriculeime nun Ciclo Superior de Xestión Comercial e Marketing, ao mesmo tempo, fíxate o paradoxo, traballaba no Carrefour, por iso coñezo ao “inimigo” de primeira man, risas…. Cando rematei o ciclo fixen as prácticas en Zona Monumental de Pontevedra, coñecín ao seu presidente Ernesto, traballei con eles cando comezaban co proxecto de Centro Comercial aberto de Marín, Ernesto rexentaba aquí unha tenda de lencería. Comentoume o proxecto que estaban a facer, gustoume, isto foi no ano 2005, no 2006 comecei aquí, e ata o de agora sigo como xerente.

Eras moi noviño entón, cantos anos tes Jonathan?

Teño 39 anos, cando comecei como xerente do Estrela de Marín tiña 25 anos.

E como un rapaz de 25 anos, que normalmente está co botellón e buscando outro tipo de cousas, xa se ve de xerente de algo tan importante como un Centro Comercial Aberto?

Na miña familia somos tres irmáns, eu son o maior, sempre tiven responsabilidades. Con 24 anos independiceime e xa vin vivir a Pontevedra coa miña parella.

.

Mirei nalgunha nova que che ía recibir o Xefe de Estado, como foi isto?

Foi este luns. Pasou porque tamén formamos parte da Confederación de Cascos Históricos a nivel de España, tamén somos os tesoureiros desta entidade desde o ano 2008.

Como Estrela de Marín?

Si, pero neste caso asumo eu esa tesourería.

E tes tempo para a vida persoal Yonathan? Tes fillos?

Precisamente está un en camiño.

Parabéns! Para cando?

Para agosto.

Supoño que estarás moi ilusionado, ultimamente unha boa cantidade de cambios na túa vida?

Si, o 2020 ven repleto de cambios.

Seguimos co Xefe de Estado?

O xefe de estado recibiunos en audiencia na Zarzuela o luns pasado para coñecer de primeira man o papel que estamos levando acabo desde esta entidade que o que pretendemos é revitalizar o Casco Histórico e darlle a importancia que se merece porque o 90% do turísta pasa polos Cascos Históricos.

É a presentación fixéchela ti?

Na xunta directiva somos 15 membros. Neste caso foi o presidente quen a fixo, que é de Compostela e logo cedeume a min a palabra como tesoureiro. Dos quince falamos cinco persoas: Málaga, Santander, Compostela e Huesca. Eu destaquei os vencellos que ten a Casa Real con Marín.

Moitas grazas por atenderme Yonathan e que teñas moita sorte, sobre todo no tema do teu fillo ou filla que é o máis importante.

Moitas grazas.

Primer comentario

Deixa a túa opinión

A súa dirección de correo electrónico non será publicada.


*