Tomiño regula a situación do mercado ambulante dos mércores

Mercado ambulante Tomiño A Nova Peneira

Esta mañá abriuse o prazo para optar a cinco postos vacantes, tres do ramo téxtil e dous de alimentación

Tomiño, 19 de febreiro de 2020

O mercado ambulante que se celebra todos os mércores en varias rúas do núcleo urbano do Seixo (Tomiño), está a partir de agora legalmente regulado, despois de que se aprobaran as ordenanzas correspondentes e se realizaran os procedementos respectivos.

Na actualidade, dos 64 postos que había antes de estas datas, foron adxudicados 42 postos do ramo téxtil (27) e de alimentación (15), dos cales cinco están vacantes, polo que o Concello vén de abrir hoxe o prazo de presentación de solicitudes, que permanecerá aberto até o 4 de marzo, no Rexistro Xeral, co fin de poder adxudicalos (dous deles son para alimentación, plantas, semillas, e tres para venta de roupa, calzado ou complementos).

Tamén é nova a situación do mercado, xa que as obras de humanización que se están levando a cabo no núcleo urbano, obrigaron a desprazalo da rúa A Guarda e Praza do Seixo á rúa Colón e Daniel Calzado.

Na páxina web municipal (https://tomino.gal/bases-reguladoras-para-a-adxudicacion-mediante-sorteo-publico-de-autorizacions-para-instalar-novos-postos-de-venda-ambulante/) pode consultarse o texto completo das bases e tamén os modelos de solicitude e de declaración de responsabilidade; a autorización para un representante no procedemento e no sorteo (que se celebrará o 18 de marzo), e o plano do mercadiño do Seixo.

O oficial xefe da Policía Local, José Ramón Álvarez Riveiro, explica que tras todo o proceso de regularización do mercado ambulante, a policía levará a cabo un control moito máis exhaustivo dos postos, para confirmar de que se cumpre a normativa. En caso de que se descubra algunha irregularidade nas licencias, estar ao corrente do pago, etc., as infraccións irán dende o apercibimento até a cancelación da licencia, pasando pola suspensión temporal de venda, etc.