O cerebro de Pedro Sánchez

Artigo de opinión A Nova Peneira
Xoán Carlos Caballero
Xoán Carlos Caballero Mestre no CEIP de Salvaterra

Dende hai uns dias durmo más tranquilo. Entereime polos medios de comunicación que no Reino de España xa temos cerebro. Un deses con moitas interconexións entre o hemisferio da esquerda e o da dereita. As ondas destas interconexións  chegan mesmo ás zonas máis extremas do lado dereito, áreas moi alonxadas do centro interhemisférico. 

Ao Partido Popular de Badalona foi o encargado de organizarlle  unha campaña xenófoba, que nin os de Vox se atreverían a facer. Ao candidato Xavier Albiol aconselloulle que lle botara a culpa do aumento da delincuencia aos emigrantes. O lema da mesma foi: Limpia Badalona!!! Nin Joseph Goebbels foi nunca tan orixinal, nin tan explícito. 

A Monago, tamén do Partido Popular suxeriulle que se botara a correr sen mirar atrás, como Forrest  Gump, que non parase ata converterse en presidente. Púxolle un peto e unhas zapatillas verde fosforito e así foi como chegou a presidir Extremadura. 

Como ven, trátase dun cerebro versátil  que funciona a golpe de talonario e que se vende ao mellor postor. Ve aos cidadáns coma un rabaño desorientado que necesita un can ovellero que o dirixa, o reuna, o guíe e o protexa. Ovellas que son capaces de modificar o seu comportamento despois de ver un simple anuncio publicitario.

A este tormenta de ideas, o temos agora metido na Moncloa. Despois de darlle brillantes suxerenciasaos candidatos populares pasou a darllas aos candidatos socialistas. Pedro Sánchez, según din os xornais, nunca tivera chegado a presidente de  non ser por el. Nos medios tamén se le que todos fomos votar nas últimas eleccións por unha das súas elucubracións, xa que convenceu ao presidente de que ía ter uns resultados espectaculares. Pregúntome si a estas alturas non estará traballando xa para Vox. A súa gran visión, converteu a esta formación na terceira forza do país. 

Imaxino a súa satisfacción cando consegue colocar o seu producto no mercado para logo ser mercado polos votantes. Ten que ser unha sensación sublime de poderío. Coas túas ocurrencias foches quen de cambiar o goberno dun país, dunha autonomía ou dunha cidade. 

Eu deséxolle o cerebro de Pedro Sánchez que teña boas ideas para que o presidente non o castigue a miúdo ó rincón de pensar, non vaia a ser que aconteza unha desgracia.

Xogando a ser Iván Redondo, quero facer as miñas predicións. Xa veredes como ante a pérdida de terreo da Pepsi-Cola fronte a Coca-Cola no noso país, este acabará deixando tirado a Sánchez para pasar a engrosar a nómina de Pepsi. Como diría Rodrigo Rato, artífice do milagre económico español, “es el mercado amigo”