Undécimo fragmento do diario de Senlúa Arraiana

Senlúa Arraiana

NOVIDADES  DA FRONTE

Cristóbal López A Nova Peneira
Cristóbal López Pazo | Comuneiro dos montes de Tameiga, militante de anticapitalistas, ecoloxista en acción e veciño constituínte da asemblea veciñal gañaMós
(Este décimo fragmento do diario de Senlúa Arraiana foi recuperado e adiantado ao noso tempo por Noitepedralonga, fiel camarada do avó da futura líder da resistencia arraiana).

Non sei por onde comenzar a contarvos todo o acontecido porque aínda que apenas pasaron uns días desde a última entrada no meu diario a actividade desde que chegamos ao cuartel xeral no fronte foi frenética e na miña cabeza todo da voltas. 

O camiño até o cuartel foi tranquilo e sen sobresaltos. A meirande parte trancurreu pola estrada principal que comunica o cuartel coa capital. A cal non é frecuentada polos batallóns de avespas, xa que está transitada constantemente por columnas rebeldes. Non desperdiciei o tempo e procurei restañar as rencillas con Prusiana para que non se creara unha animadversión mutua que poidera condicionar algunha situación futura vital para o pobo arraiano. Tamén fixen migas co encargado dos camelleiros da caravana, por el entereime que Prusiana non era tan nefasta castrense como me parecera. 

Segundo me contou, a falta de medidas de seguridade que propiciou que nos collera desprevidas o ataque das avespas non foi culpa de Prusiana. Ela sempre está pendente  de ter controlado até o máis mínimo detalle do esceario bélico. Resulta que foi a súa nai quen lle impuxo non adoptar ningunha medida para que nós tiveramos a sensación de que o territorio que atravesábamos estaba totalmente baixo control das forzas rebeldes. Tamén me comentou que estivera moi preocupada por que non nós sentiramos menosprezados ante a rudeza das formas dos malaterreños. Despois se escoitar todo aquilo tiven a sensación de ter baixado en marcha dun tiovivo e que Coriolis estaba xogando co meu estómago. Comencei a arrepentirme de ter tratado con tanta frialdade a Prusiana e adentreime en territorio descoñecido tratando de compensalo. Fun a súa sombra os días que restaron de expedición previndo que unha vez que chegaramos ao cuartel xeral Prusiana se desentendería de min para ocuparse de cheo da intendencia da fronte. Non sucedeu así, unha vez máis errei con ela. Cando xa divisábamos o cuartel Prusiana achegouse a min e díxome que quería que eu a acompañara en todo momento para que o antes posible estivera ao tanto do taboleiro bélico. Explicoume que a situación non era mala pero que distaba moito do discurso triunfalista da capital, que se ben os primeiros meses de contenda liberaron varias aldeas e avanzaron rapidamente ocupando todo o sur da franxa do leste, desde hai varias semanas a liña da fronte está estable sen que ningunha das dúas forzas sexa quen de quebrala e facer retroceder á outra. As accións militares limitábanse a pequenos escarceos entre posicións e a algunhas incursións de castigo ás caravanas de abastecemento dentro do territorio enemigo. A liña do fronte era moi permeable xa que en ambos bandos consistían en pequenas fortificacións e posicións atrincheradas moi distantes entre si, e agás no leste onde o río Velutino facía de obstáculo natural no resto non había impedimento para as infiltracións. 

O cuartel xeral rebelde non era máis que unha gran nave con varios anexos usados como almacéns e dormitorios para as tropas alí acuarteladas para defender a posición, pero o recinto estaba ben amurallado con fortificacións en todo o seu perímetro. 

Non nos apearamos aínda da nosa montura e Prusiana xa estaba rodeada dun enxambre de uniformados encharretados. En canto Prusiana recuperou a vertical alzou a voz e cun ademán reclamou silencio. Buscoume coa mirada indicándome que me achegara a ela e presentoume ao seu estado maior como se fora a súa lugartenente. Un segundo despois estábamos de novo atosigadas por unha cacofonía de voces solicitando ordenes a Prusiana. Quedei boquiaberta vendo como Prusiana exercía de comandante en xefe sendo capaz de despachar ordenes no medio daquel tumultuoso corro ao mesmo tempo que avanzábamos cara o sala de operacións do cuartel. Xa na mesa de mando da sala de operacións Prusiana fixo un xesto aos catro xenerais da plana maior que aínda nos acompañaban para que deixaran unha cadeira baleira para min ao seu carón. Por fin libre daquela turba engalonada puiden achegarme a ela e comezar a descifrar aquela jerizonga castrense. O enemigo estaba intentando facer unha fenda nas nosas liñas asediando Bastopol, o noso bastión no oeste, e levaba días concentrando forzas para cercar e illar as tropas rebeldes destacadas en dita fortaleza. Levaban varias semanas sen recibir suministros e a súa situación era desesperada. 

Ao mecer do día seguinte atopábame xunto a Prusiana encabezando unha columna de varios batallóns acudindo ao auxilio de Bastopol con víveres e munición. Cinco días de dura marcha levounos divisar a fortaleza. Achegámonos dando un rodeo para poder romper o cerco polo flanco máis feble. As tropas enemigas estaban apostadas ao redor de Bastopol pero non conseguiran aínda ocupar ningunha das trincheiras e fortificacións extramuros que formaban a primeira liña de defensa de Bastopol. 

Atacamos ao galope a ritmo de corneta rompendo fácilmente o cerco. Cando as tropas enemigas se repuseron da sorpresa  a maioría da nosa columna xa estaba guarecéndose nas murallas de Bastopol. Pero non todas corrimos a mesma sorte, a besta que eu montaba resultou ferida ao arrollar a varios soldados enemigos e desbocouse separandonos do resto da columna. A miña limitada habilidade como xinete no alcanzaba para retomar as riendas pero antes de que desesperase apareceu Prusiana na miña axuda. Encamiñábamonos xa as dúas cara o portón principal da fortaleza cando comenzou un endemoniado bombardeo de morteiro. Un proxectil estoupou as nosas costas abaténdonos tanto a xinetes como monturas e alcanzando a metralla a Prusiana no seu costado esquerdo. Entre aquel inferno de explosións e surtidores de terra e metal arrastreina coas mochilas enriba dela até un socavón próximo onde ambas atopar acubillo. Naquela terra chea de cicatrices non atinaba a distinguir entre unha trincheira amiga baleira ou o simple buraco dunha explosión, así que tería que valernos como parapeto da metralla. De súpeto o fragor dos morteiros foi sustituido polo alarido das tropas enemigos cargando contra nós. Centos de soldados harapientos e demacrados portando a maioría nada mais que unha baioneta ou unha pala afiada avanzaban hacía as nosas posicións cos ollos brilando de odio e medo nos seus malicentos rostros. Aquela lexión de alfeñiques infrahumanos se abalanzaba sobre nós como se non houbera un mañá. 

Acomodei a Prusiana de xeito que puidera empuñar un arma e baleirei a miña mochila. Dúas pistolas automáticas, un par de bombas de man e o fusil automático con varios cargadores era todo o arsenal ao que aferrarnos. Cando empuñei a ametralladora puden ver a Prusiana esbozar un sorriso e berrarme: Até que a morte nos separe! 

Estaban xa enriba nosa pero debido a nosa posición adiantada os nosos fusileiros apostados nas trincheiras non abrirían fogo aínda. Comencei a berrar como unha tola mentres apretaba o gatillo. Os cadáveres se amontonaban ao noso redor e aos meus pes se acumulaban os casquillos. Lancei as granadas a unha distancia tan curta que a súa onda expansiva tumboume de costas no fondo do socavón. Cunha pistola en cada man apresteime a morrer matando a bocaxarro. O fin estaba preto cando sonou unha descarga pechada detrás miña derribandoos como monigotes que caían aos meus pes. Podía ver como a vida fuxía dos seus ollos.  Un deles tambaleándose acadou entrar no noso parapeto enfiladome coa baioneta calada no seu fusil. Descarguei o resto da munición sobre o seu peito, el deixoume como agasallo de despedida a súa baioneta cravada no meu hombreiro. Alí bañada en sangue e barro acurruqueime, buscando recobrar algo de humanidade, ao carón de Prusiana quen exánime había rato que non era máis que unha convidada de pedra. Esoitei unha tras outra descarga ata que se fixo o silencio. Un silencio insoportable que olía a entrañas, pero rompelo era chamar a morte a berros. Xa é noitiña e baixo o luar escribo, escribo, escribo…non sei se haberá un mencer… quizás estas sexan as últimas liñas…chega a noite, todo esta escuro…

Primer comentario

Deixa a túa opinión

A súa dirección de correo electrónico non será publicada.


*