A Coordinadora contra a casa de apostas en Redondela seguirá dando a batalla

Manifestación casa de apostas Concello de Redondela A Nova Peneira

Redondela, 10 de marzo de 2020

O pasado luns tivo lugar unha asamblea aberta convocada pola coordinadora contra a casa de apostas. Na xuntanza ademáis de dar as explicacións oportunas de toda a información trasladada dende o concello xa na semana en que se resolveu a licenza de obra tamén se chegaron a acordos para seguir dando a batalla. Deste xeito a coordinadora quere informar á veciñanza das seguintes accións que pretenden desenrolar e para as que piden un apoio contundente dos vecinos e veciñas de Redondela posto que o único que queda é a presión social para que a Xunta de Galicia non conceda a autorización definitiva a esta actividade nese local tan próximo aos colexios de Redondela.

Entre as accións está pedir unha cita con responsables da Xunta de Galicia para obter información precisa de cómo está esa autorización concedida en abril do ano pasado e con vixencia dun ano, a esperanza da Coordinadora dende o principio era facer correr o tempo para que esa autorización da Xunta caducase, agora a menos dun mes de que caduque é preciso que a Xunta explique como está o trámite e que posibilidades hai de que non concedan a autorización definitiva, documento sen o cal non poderían abrir a casa de apostas.

Tamén queren retomar as concentracións diante do local para todos os luns ás 18:00 horas a partir da próxima semana , “concentrarémonostodos os luns ata o 9 de abril diante do local e temos que conseguir que sexan concentracións numerosas posto que é o único que nos queda, a presión social, para que a Xunta non lles dea esa autorización definitiva” relatan dende a coordinadora.

Acordouse de igual modo remitir unha carta á empresa Unión de Operadores SA que é a que pretende montar o “negocio” e ao presidente da asociación de empresarios do xogo para educadamente informarlles que non deixaremos a loita, que aínda que abran seguiremos alí diante dando información a quen queira entrar e velando porque non entren menores, que estaremos alí para á mínima chamar á policía e procurar que lles pechen a sala. “Para que esta carta sexa máis convincente tamén necesitamos movilizar apoios tanto nas concentracións como na cita coa Xunta” deste modo pide a coordinadora que a veciñanza de Redondela apoie e se implique nas próximas accións.

A resposta ásalegacións están chegando ás casas, xa chegaron as que foron presentadas por sede electrónica e tamén chegou a resposta da Valedora do Pobo.

Alegacións.

Na resposta a estas alegacións a conclusión que se saca é que as medicións feitas pola Xunta son as que mellor favorecen ao empresario cando a normativa non especifica como se deberá medir. A coordinadora conseguiu presentar máis de 2.000 alegacións e saír á rúa nunha numerosa manifestación no mes de outubro pasado. “Agora máis que nunca precisamos que todos os colectivos que nos apoiaron naquela manifestación como as persoas que firmaron as alegacións nos acompañen os luns ás seis da tarde”, así fan un chamamento á desesperada sabedores de que non é doado pero que Redondela xa antes conseguiu frear outras cousas saíndo á rúa.

Primer comentario

Deixa a túa opinión