Manifestación en defensa da sanidade pública o sábado 14 de marzo na Guarda

Manifestación en defensa da sanidade pública Da Guarda

A Plataforma en defensa da Sanidade Pública da Guarda, convoca a todo o vecindario a sumarse á manifestación en defensa da sanidade pública que se celebrará o próximo sábado 14 de marzo ás 12 da mañá desde a praza do Reloxio de A Guarda.

Ademáis de denunciaren o deterioro da atención primaria e o desmantelamento progresivo dos hospitais públicos, así como unhas listas de espera inaceptábeis, a Plataforma en defensa da Sanidade Pública na Guarda, sinala como unha das súas reivindicacións centrais que se dote o PAC da Guarda dun doble equipo médico para urxencias e dunha ambulancia medicalizada.

Argumentan desde a Plataforma que son numerosas as veces que o PAC queda sen persoal sanitario por ter que desprazarse este a domicilios que nalgúns casos quedan a máis de 50 minutos. Desde o PAC da Guarda aténdese tamén aos habitantes dos Concellos de Oia e O Rosal.

O persoal sanitario da Guarda, leva meses concentrándose todos os xoves diante do centro de saúde.A esta mobilización teñense sumado moitas persoas usuarias do servizo de saúde. Temos un exemplo moi recente de como a resposta social conseguíu que a Xunta de Galiza tivera que dar marcha atrás no intento de suprimir o paritorio de Verín. Coa manifestación do día 14 queremos dar un salto importante na reivindicación dunha sanidade pública de calidade e animamos a toda a sociedade a participar nela.

Manifestación en defensa da sanidade pública o sábado 14 de marzo na Guarda

Primer comentario

Deixa a túa opinión

A súa dirección de correo electrónico non será publicada.


*