16, 17 e 18 DE MARZO

Artigo de opinión A Nova Peneira
Aarón Franco, escritor de Marín

16 de marzo:O día vai abrindo paso e os medios de (des)información comezan una sucesión de tertulias ao longo da mañá nas que todos saben de todo e son mestres de nada. As especulacións destes van en aumento, especulacións que en moitas ocasións enuncian como certezas irrefutables e que non fan máis que contribuir a xerar incertezas nos milleiros de familias que se confinan coa esperanza dunha solución milagreira que faga desto nada máis que un terrible pesadelo. Tertulianos que animan á xente a quedarse na casa pero que son os primeiros en romper o peche coa excusa de ir a un traballo que únicamente persegue o amarelismo e altos picos de audiencia malia estar sementando argumentarios pseudocientíficos que para nada son útiles, en realidade si, en realidade son útiles para crear un estado de pánico aínda maior do que xa existe. Destaca entre todos eles o amigo das cloacas do estado e de Villarejo, Antonio García Ferreras.

Pola tarde comezo a facer traballo telemático coas crianzas. A sensación xeralizada entre os cativos e cativas é que isto vai durar pouco. Santa inocencia, non saben aínda o que queda.

17 de marzo:Estou no cumio máis estresante desde que comezou o confinamento, comezo a ter unha estraña sensación de cárcere, cousa que se mira agudizada pola claustrofobia, unha situación na que estou enfadado ata comigo mesmo e con todo aquelo que se move. Quizáis esta vai ser una das cuestións máis importantes do intre no que vivimos. Imos ter unha oportunidade “marabillosa” para coñercernos a nós mesmos, para facermos un traballo de introinspección interior imprescindible. Cometemos o erro de bailar ao son dun capitalismo que crea necesidades artificiais que provoca que sexan moitas as persoas que pasan a maior parte das súas vidas traballando para acumular bens absolutamente innecesarios. A letra do coche, a letra do televisor, a letra das tarxetas de crédito, etc. Nese proceso que parece non ter fin malgastamos o noso periodo vital, tal e como di o grande Pepe Mújica, e o ser humano (deshumanizado) non se detén por un intre a coñerse a si mesmo, a reflexionar sobre o que realmente importa, a culturizase, a darlle á mente e ao intelecto aquelo que realmente precisa. Este pequeno inferno que estamos a pasar pode valer para iso, e se iso acontece o ser humano terá dado un salto evolutivo de suma importancia.

18 de marzo: O traballo telemáticodame vida. E a cousa polo de agora funciona estupendamente xa que me permite ocupar tardes e noites. No que respecta á situación xeral o número de infectados na Galiza e no conxunto do estado aumenta alarmantemente mentres Feijoo e o Partido Popular non teñen a decencia de perdirlle perdón ao conxunto da cidadanía polo recortes aplicados ao longo destes once anos na sanidade. E imos págalo nós a un prezo moi alto. Dixoo Xose Manuel Beiras no ano 2012, “Os recortes do PP na sanidade matan máis que calquera grupo terrorista do estado”. Naquel momento houbo quen prácticamente pedía a imputación por vía xudicial do Beiras por difamación e calumnias. Nun periodo breve de tempo veremos ata que punto esa afirmación será palabra de lei e mirarémolo cando observemos o desastre social e emocional que vén asociado a todo isto. 

Por certo, para cando un goberno valente que nacionalice definitivamente e para sempre as farmacéuticas e a sanidade privada?