Loli Castiñeira Alcaldesa de Salceda

Alcaldes de Salceda de Caselas Loli Castiñeiras A Nova Peneria

A primeira pregunta para ti Loli, como te encontras de ánimos nunha situación na que tes que asumir unha carga de responsabilidade tan inmensa?

Eu estou moi forte, sendo moi consciente da responsabilidade que teño , e traballando cóbado con cóbado con todo o meu equipo para contribuír a darlle solución a cada problema que poida ter cada veciño ou veciña do noso pobo.

Que medidas está a tomar o concello para botar unha man aos segmentos de persoas máis vulnerables?

Temos todos os departamentos do concello en situación de máxima coordinación para que cando haxa alguén que precise axuda poida ser atendido con máxima axilidade e dilixencia, especialmente o servizo de axuda no fogar e o departamento de servizos sociais que son os que están ao día dos segmentos de persoas maiores, discapacitadas ou de escasos recursos económicos que poidan ser susceptibles dunha atención máis inmediata .Agora mesmo, o prioritario son os servizos sociais, polo tanto decidimos reforzalos con persoal administrativo doutros departamentos que agora mesmo tiñan escasa carga de traballo..Outro colectivo que nos preocupa moito é o da infancia.

Que diso vós tendes de abondo?

Si, afortunadamente. Por iso dedicamos un importante esforzo a través do servizo de atención temperá para atendelos.

Temos novas dalgún positivo en Salceda?

Agora mesmo, ( 23 de marzo ás 14,30) Non.

Estás contenta co grado de civismo amosado ata o momento pola sociedade salcedense?

En liñas xerais si, e é algo de que me sinto moi orgullosa, pero quero dicir con toda a contundencia e con toda a enerxía que quen non cumpre co necesario deber cívico merece todo o noso reproche, e o meu persoal desde logo que tamén. Unha soa persoa que faga caso omiso das instrucións das autoridades sanitarias, pode pór en perigo extremo a centos de persoas que si se comportan con responsabilidade.

O confinamento prolongado pode producir serios problemas psicolóxicos ás persoas que máis lles custe aguantar, algunha mensaxe en positivo?

Algo moi sinxelo: sexamos amables, solidarios e fraternais, só dando o mellor de nós a quen nos rodea superaremos isto, que o superaremos sen ningunha dúbida, cos menores danos posibles. Exemplos como o da psicóloga da escola de fútbol Denís Suárez que se puxo ao noso dispor emociónanme e reafírmame na miña posición de que só dando o mellor que ten o ser humano se superan os momentos complexos.

De equipos sanitarios como mascarillas, luvas e xeles como andamos?

Temos un pequeno stock co que imos tirando, veño de facer un pedido á FEGAMP para recibir algúns máis.

Moitas grazas Loli, e moita sorte para ti e para toda a veciñanza de Salceda