Décimo cuarto fragmento do diario de Senlúa Arraiana:

Senlúa Arraiana A Nova Peneira

NON MORRER NA ORILLA

Cristóbal López A Nova Peneira
Cristóbal López Pazo | Comuneiro dos montes de Tameiga, militante de anticapitalistas, ecoloxista en acción e veciño constituínte da asemblea veciñal gañaMós

(Este décimo cuarto fragmento do diario de Senlúa Arraiana foi recuperado e adiantado ao noso tempo por Noitepedralonga, fiel camarada do avó da futura líder da resistencia arraiana). 

Chámome Senlúa é son punta de lanza da resistencia arraiana.

Avicena foi fiel ao guión, cumpriu o pronóstico de Prusiana cunha exactitude raiana no esotérico. Ao tercer día de reposo baixo os seus coidados tiña o corpo pletórico e a mente realienada. 

Ese mesmo día baixo o influxo do meu entusiasmo partimos cara Anatolia. A Historia non paga aos impuntuais. 

Na segunda xornada de viaxe interrumpiu o noso almorzo unha comitiva de mulleres solicitando falar con Avicena. A min costabame endendelas pero o noso médico parecía coñecer o dialecto daquela xente.  Ao remate da conversa explicounos que recoñecerono xa que fora o encargado sanitario das aldeas agrarias desta zona hai tempo cando a Colmea aínda non era un niño de avespas. As mulleres desesperadas acudiran a rogarlle axuda ante unha enfermidade que estaba afectando aos nenos. Polos detalles das nais decía estar seguro de que era unha epidemia de escarlatina que podería ser mortífera entre nenos desnutridos se non eran atendidos. Prometeu que non nós levaría máis que unha xornada achegarnos á aldea para aplicarlles un remedio para a súa pronta curación. 

Tiven que morderme a impaciencia con tanta forza que deixena marcada cos meus incisivos pero finalmente accedín refrenando as miñas ansias por chegar a Anatolia. 

De camiño a aldea dimos un pequeno rodeo para atravesar un prado onde Avicena recolectou unha serie de plantas coa axuda das lugareñas a quen foi explicando o valor de cada unha delas. Achegueime ao grupo recolector interesada polos coñecementos. O dialecto no que falaban extrañaba dificultade pero prestando atención puiden apreciar como recollian dúas plantas para facer unha tisana, segundo Avicena me dixo despois eran as mesmas que me administrara a min. Unha  para baixar a febre e outra con propiedades contra as hinchazóns ou pel irritada. Tamén baixo indicacións de la Avicena están desenterrando unhas raíces laranxas e peludas como alimento ante a escaseza de comida. Non tiña fame pero saciei a miña curiosidade cun mordisco nunha daquelas raíces. Escupín aquela cousa dura e insípida lanzando unha mirada de reproche sobre o noso médico quen rindo díxome que a seguinte vez mellor limpalas e cociñalas antes. 

Cando chegamos á aldea esta parecía abandonada pero en canto as mulleres chamaron a voces comezaron a asomar os nenos e outras mulleres de detrás dos muladares. Non había homes, foran reclutados a forza pola Colmea ou axustizados por sedición no caso de rebelarse. Ademais a aldea fora saqueada polos batallóns de avespas levándose todos os alimentos que atopaban. 

Os sorrisos con que nos recibiron non nos impediron decatarnos dos efectos da carestía de alimentos. Foi a antesala do averno que atopamos nun graneiro apartado onde estaban hacinados os nenos enfermos. Axudar a cociñar as raíces laranxas aliviou a miña desazón ante os llantos e xemidos. 

Unha vez feita a sopa non poiden resistirme a probala, Avicena tiña razón, cocinadas con aliño xa eran outra cousa. Mentres o noso médico atendía un por un ás crianzas procurei averiguar algo máis sobre a situación da aldea. Poderemos derrocar a Colmea en cuestión de meses pero vai levarnos décadas gañarnos a confianza da xente destas aldeas para que se sumen como pares a unha gran comunidade de pobos. Tres días con Avicena e a seu hainismo libertario xa impregnaba todo o meu pensamento. 

A mañá seguinte partimos entre unha ovación de agradecementos. Saimos cedo coa intención de apurar a marcha para facer noite no campamento de Anatolia. Chegamos tarde pero coa suficiente luz para decatarnos de que a cidade fora conquistada. Polo alborotadas que estaban aínda as nosas tropas a rendición era moi recente. Antes de chegar ás portas da fortaleza interceptounos un sarxento da escolta do estado maior cun recado de Prusiana quen nos agardaba no atrio da cidadela. Até alí nos conduxo o sarxento, polas rúas que pasamos non atopamos desorden nin saqueos, non había llantos nin amarguras entre os vencidos. Con esta victoria sin mácula Prusiana acadara redimir ás súas tropas da ignominia de Bastopol. Na cidadela estaban concentradas o groso das tropas de ocupación, no medio do axetreo estaba Prusiana departindo co seu estado maior. En canto decatouse da nosa presenza interrumpeu a reunión e achegouse á sudarnos con moita efusividade pero apenas puiden cruzar un ola con ela, xa que nos conminou a que nos asearamos e nunha hora estiveramos no salón comedor da torre da cidadela – necesítovos alí aos tres, por favor -, logo retornou á reunión co alto mando. 

Cando entramos no salón a mesa estaba posta e Prusiana atopábase nela xunto con tres homes uniformados que ela presentounos como xenerais do alto mando enemigo. Buscaban un acordo para unha rendición. O seu exército entregaría as armas a cambio dunha amnistía total. Só plantexaban unha esixencia máis, querían conservar as súas propiedades e rango social.  Prusiana cruzou a mirada connosco antes de que os xenerais remataran a súa exposición e cun aceno reclamou a nosa complicidade. Así que seguimoslle o xogo respaldando con xestos ou pequenas intervencións as súas aseveracións. En seguida decateime que Prusiana buscaba sonsacar información sobre a situación na capital da Colmea e da fraxilidade do seu goberno. Non albergaba dúbida de que Prusiana compartía conmigo que aceptar as esixencias dos xenerais sería renunciar a ese novo mundo que tanto desexabamos. Poderíamos acortar a guerra pero negaríamolles a paz a todas as vítimas do terror da Colmea se consentíamos a impunidade para os verdugos. Poderiamos aceptar unha transición ralentizada en aras dunha transformación ordenada pero nunca mantendo a estructura de poder do réxime como pretendían. Non íamos blanquear a súa barbarie. 

A réplica non existiu máis que na miña mente. Poñendo a miña cara máis afable dinlle continuidade ao ardid de Prusiana inquirindo aos xenerais pola situación do goberno da Colmea. 

Cando os xenerais abandonaron a estancia Prusiana acomodouse nun escabel xunto a min e apretándome a man preguntoume como ía o meu hombreiro. En vez de devolverlle o sorriso mireina fixamente e pedinlle que me prestara atención. – A túa nai está viva e a salvo – ante a súa expresión de incredulidade expliqueille que varios meses atrás atopámonola nun rastrexo en Mortefría xunto con dos mulleres máis. Confirmeille que tanto Gataparda coma eu estábamos seguras que era a súa nai, non só coincidía o nome e a historia dela co que nos contara, ademais o parecido fisonómico era evidente. As bágoas escorregaban polo seu rostro cando anuncieille que senon xurdía ningún imprevisto en poucos días podería reencontrarse con ela, xa que estaría de camiño xunto co noso pobo. Fundímonos todas nunha lacrimoxena aperta. 

Non sei como atopei forzas para desfacerme dos abrazos e recobrar a voz para separándome uns pasos advertir seriamente a Prusiana. -O pobo arraiano enpuñará as armas contra a Colmea e será o primeiro en pisar a capital do horror pero non seremos carne de canón das menestrais, non imos morrer na orilla- Non engadín máis ao ver asentir cun xesto a Prusiana aprobando as miñas palabras, detrás dela Gataparda ofrecíame un guili de complicidade.