Planificación ou o abismo do pánico

Social Galiza A Nova Peneira
Cristóbal López A Nova Peneira
Cristóbal López Pazo | Comuneiro dos montes de Tameiga, militante de anticapitalistas, ecoloxista en acción e veciño constituínte da asemblea veciñal gañaMós

Non son moi dado a evocar lembranzas persoais, pero ben porque o confinamiento é caprichoso trastocando os vericuetos mentais o ben porque voume regondeando na nostalxia coa idade, desta vez vou incurrir no desliz. 

Podemos datar a anécdota na metade da década dos 80 cando eu deambulaba polo derradeiro curso da EGB. Vouno traducir para a xente deste século: cursaría o segundo ano da ESO e o capitalismo español vivía os seus anos máis gloriosos. Non lembro que asignatura deu pé ao mestre para o seu acalorado discurso, pero o certo é que aquel día carente da abulia que imperaba nas súas clases embarcouse nunha diatriba contra a economía planificada cunha defensa acérrima do “economía libre”. Daquela aínda non estaba de moda usar a palabra mercado, se contentaban con estirar até o infinito o significado da palabra “libre”. 

Tres de cada catro colleríame aquela verborrea pensando nas musarañas da adolescencia, pero non quixo a desventura que fose o caso. Escoitei palabra a palabra, prestando tanta atención ao mestre que case me esquezo de participar nos bostezar. Aquela contradicción medraba a cada palabra e comenzou a ecoar na miña cabeza. Resultaba agora que a planificación non era axeitada nun aspecto tan fundamental da vida como a economía, debiase segundo o mestre deixar todo ao azar e carente dunha coordinación previa. Aquel mestre, irmán nun colexio de curas, pero con máis vocación de charlatán de feria, explicaranos coa mirada pérdida aquilo de un e trino, pero nembargantes lucía unha mirada encendida na súa apoloxía do capitalismo ante un auditorio renuente a abandonar o seu mundo interior para prestarlle atención. 

A estridencia non quedaba aí, aquel mesmo mestre non había moitos días disertara, entre o rumor dos nosos bostezos, sobre a importancia da planificación agrícola para maximizar o aproveitamento dos recursos e agora ponía con desbordante entusiasmo o concepto de planificación na picota. 

A indignación na preadolescencia pode inflamarse sen límites pero raramente sobrevive ao recreo. Pero o  sucedido físoxe un oco perdurable na miña memoria. Pasadas varias décadas, con algo máis de madurez, podo entender, sen renegar da economía planificada, que no parentese daquela década a calquera encandilaba unha “economía libre”. Unha decada española récord en crecemento do PIB que alumbraba a saida da cova franquista mentres que para o  “mundo libre”  o paradigma de economía planificada era sinónimo do estado totalitario sovietico que poucos anos despois colapsaría. 

Ninguén quere ler a letra pequena até que remata a festa. Aqueles efímeros tempos de viños e rosas estaban sustentados nunha expansión desenfrenada, regada de inversión estranxeira e unha sociedade ansiosa de deixar atrás o seu pasado. Calquera sistema económico reparte y perdices nesas circunstancias, pero quen paga logo a factura dos dispendios? Non atoparemos na prensa as esquelas que deixa o sistema capitalista, darían para facer unha sección de necroloxicas dentro do papel salmón onde escriben os gurús da economía. Non hai crónica do reguero de empresas quebradas, dos recursos desperdiciados, do acaparemento dos bens e a asimetría no reparto da riqueza ante a falta de redistribución, do envelenamento do planeta que nos acolle…

Pola contra non serei eu quen rompa unha lanza polo réxime soviético que dexenerou nunha burocracia totalitaria que perpetrou un capitalismo de estado. Xa bastante xeneroso denominandolo sovietico á abominación na que dexenerou a URSS e desde logo me nego a aceptar que o réxime soviético sexa un antecedente de palnificación democrática da economía.

Que lonxe quedan os ecos da confrontación entre bloques cando aquí e agora, co capitalismo como sistema único, temos que enfrentarnos a unha crise climática, a unha crise sanitaria, a unha crise económica e social. Quizás a unha crise civilizatoria que apee ao ser humano dos altares? Pero o certo é que até aquí nos arrastrou a “economía libre” para despois pulsar o botón do pánico e facer mutis polo foro ante as adversidades. Non teremos unha democracia plena até que a economía se planifique colectivamente e a sociedade poda deliberar e escoller a onde quere ir e non verse arrastrada máis polos intereses mercancía dunha exigua minoría. Falo de máis democracia, de máis comunidade non de máis estado centralizador. O poder de decisión colectivo en cada ámbito da producción e consumo. Podemos discutir case todo sobre como articular unha planificación democrática nunha economía tan imbricada como a actual. Podemos esbozar distintos sistemas de decisión, pero calquera eles terá que espoñerse ao continuo ensaio-erro-corrección para adaptalo á realidade da condición humana.

Hai quen lle pinta a cara ao coronavirus de exterminador apocalíptico e quen o idolatra como mesías dunha nova era. A min chegariame con que a sociedade interiorizara que o comunal, o público, son os únicos baluartes en tempos de crise e que o festín do capital non pode ir a cargo de desmantelalos. Se esa idea perdura e se impón ao credo dos mercados teremos unha pedra angular sobre a que construir unha alternativa.

Para que esa idea non sexa relegada ao esquecemento pola apisonadora propagandística do sistema debemos apoiar iniciativas como o Plan de Choque Social. Está plataforma confederal, que contar cun nodo galego, está medrando e extendendose agrupando a novos colectivos sociais, asociacións ecoloxistas e organizacións sindicais. Fortalecer a Sanidade Pública, non deixar caer as persoas máis desfavorecidas, transformar a economía para pola ao servizo da vida, … son as medidas que defende esta plataforma e unha boa parte da sociedade. 

Agardemos que a crise sanitaria faga caerlle a venda dos ollos ao resto e conformemos unha maioría de cambio. Unha maioría que queira decidir por si mesma e non deixarse arrastrar polos mercados. 

Primer comentario

Deixa a túa opinión