1846 é para sempre. Abril, sempre!

Artigo de opinión A Nova Peneira
[Abaixo-assinado]

A decisión do Goberno do Reino de España de centralizar a resposta ao andazo do COVID-19, presente xa dende o comezo da xestión da crise polo PSOE (co apoio imprescindible de Podemos), ven traspasar unha liña vermella ao impoñer a provincia como unidade territorial de base do desconfinamento. Unha medida cualificada de rídícula, allea á nosa idiosincrasia e organización territorial, rancia en tanto nos retrotrae aos tempos da Ditadura franquista e, xa que logo, ineficaz na loita contra a pandemia. Porén, non convén tomala á lixeira, posto que é unha decisión política que, ademais de poñernos en perigo, semella ter a intención, asemade, de baleirar aínda máis de contido e minorizar o xa cativo sistema autonómico, con arelas recentralizadoras a cada máis manifestas.

A indignación en Catalunya e no País Basco co devandito plano provincial de desconfinamento do “mando único” encabezado por Pedro Sánchez, é patente. Mais agora, precisamos que a indignación que non dubidamos se sente por todo o territorio galego, se exprese con contundencia. Sabemos que non podemos contar coa Xunta de Galiza, secuestrada por Feijoo e o PP, posto que só pretenden traficar coa dor e co medo, para manobrar e tirar réditos na loita polo poder político en Madrid. Arestora, precisamos que a nosa indignación persoal ou colectiva pete enriba da mesa co espírito libertario, irmandiño e insurxente dun Antolín Faraldo que, noutro Abril esperanzado, confrontou o oprobioso “provincianismo” centralista chamando á unidade galega, en especial “a esa clase sinxela que traballa, a ese pobo oprimido”, a defender un “provincialismo” anticolonial, dende unha “nacionalidade” cun aquel arredista:

“…Galicia, arrastrando ata aquí unha existencia oprobiosa, convertida nunha verdadeira colonia da corte, vai levantarse da súa humillación e abatemento….Espertando o poderoso sentimento de provincialismo, e encamiñando a un só fin todos os talentos e todos os esforzos, chegará a conquistar Galicia a influencia de que é merecedora, colocándose no alto lugar á que está chamado o antigo reino dos suevos….” Antolín Faraldo, La Revolución, Santiago, 17 de Abril de 1846. Proclama de constitución da Xunta Provisional de Goberno de Galicia.

En definitiva, pretendemos que a nosa indignación se transforme nun rexo chamamento aos partidos soberanistas e a toda a sociedade civil organizada, para que, desbotando inútiles divisións e retesías, confronten sen tregua calquera tentativa de involución política ou territorial, e defendan sen fisuras a conquista da soberanía dos pobos que, neste intre, forman parte do Estado español. Do contrario, se permanecemos téped@s e resignad@s, a esperanza esmorecerá sen remedio. 

Viva Galiza ceibe!
Viva a Revolución Galega de 1846!
Sempre Abril!. Abril Sempre!

Na Galiza, 29 de Abril de 2020

– – – – – – – – – – – – – – – – – – – – – – – – – – – – – – – – – – – – – – – – – – – – – – – – 

ADESONS / ADESIÓNS INDIVIDUAIS:

1. Alba Rivas, labrega en formaçom – Cerdedo, Terra de Montes 
2. Alberte Pagán, escritor e cineasta – Bragança
3. Alexandre Banhos Campo, emprendedor – Tourom, Ponte Vedra
4. Amaia Perez-Izaguirre Urquizu, médica de familia – Viho, Navia
5. Ana María Iglesias Otero – Ames
6. André Taboada Casteleiro – A Limia
7. Andrés Couñago Laxe, escritor e activista cultural – Redondela
8. Anselmo Noia, autònomo – Arousa 
9. Antonio Araújo Quintas, concelleiro – Gondomar, Val de Miñor 
10. Antonio Ricón Rodríguez, ensinante – Coia, Vigo
11. Antón Mascato, editor – San Martiño do Grove, O Salnés
12. Antón Somoza, profesor de ensino medio – Lugo
13. Anxo Agra, docente – Baño, Muros
14. Bernardo Máiz Vázquez, historiador – O Seixo, Mugardos
15. Borxa Colmenero, A Limia
16. Borxa Mexuto Rei, mestre composteiro, Ponte Vedra 
17. Brais González Pérez, sindicalista CUT – Santiago
18. Braulio Amaro, activista e docente – Vigo-Bouzas
19. Breogán Manoel García Pampín – S. Tomé, Umia
20. Carlos F. Varela García, profesor de secundaria – Ourense, Ourense
21. Carlos Méixome Quinteiro, profesor aposentado – Gondomar, Val de Miñor
22. Carlos Velasco Souto, profesor USC e historiador – Oleiros.
23. Carlos Xesús Varela Aenlle, xeógrafo e etnólogo, Asturias
24. Carme País Filgueira, sem profissão – Corunha, Corunha 
25. Carmen Peña Hernández, investigación médica – Pontevedra, Pontevedra
26. Catuxa Irago, autónoma hosteleira – Compostela
27. Cecília Novas Garrido, professora – Bueu, Morrazo
28. Celso Alvarez Cáccamo, professor – Corunha
29. Celso Milleiro, traballador da Sanidade – Marín
30. Charo Lopes, jornalista e fotógrafa – Boiro, Barbança
31. Clodomiro Montero Martínez, bancario/sindicalista – O Calvario, Vigo
32. Constantino Fernández Rodríguez, empregado universidade – Vigo 
33. Cruz López, artesá e relacións públicas – Lalín
34. César Caramês, professor – Sam Martinho da Laje , Úmia
35. Daniel Cabana Yañez, funcionario – A milagrosa, Lugo
36. Daniel González “Lavesedo”, professor – O Hío, O Morrazo
37. David Rodríguez, deseñador grfáico – Vigo
38. Dionísio Pereira González, historiador – Vilar de San Martiño (Cerdedo), Terra de Montes, Pontevedra
39. Dores Asorei, poeta – Compostela
40. Eladia Diéguez Vázquez – Belvís, Compostela
41. Eladio Anxo Fernández Manso, profesor – Pontepedriña, Compostela
42. Elena Antelo, labrega, Pedre, Cerdedo, Terra Montes
43. Eliseo Fernández Fernández, bibliotecário – Ferrol
44. Elvira Souto, pensionista – Torre, Compostela
45. Emilio Álvarez Rey
46. Emílio Xosé Ínsua, traballador do ensino – Vilagarcía de Arousa, O Salnés
47. Encarna Otero Cepeda, ensinante – Santiago de Compostela (A Coruña)
48. Enrique Parcero Rodríguez xubilado – Coia, Vigo
49. Erik Dobaño, xornalista – Celanova
50. Fernando Manuel Rodríguez Gómez, profesor xubilado – A Coruña
51. Francisco Macías, editor – Santiago
52. Félix Cal Cortizas, fotógrafo – Redondela, Redondela
53. Gerardo do Covelo, estudante – São Fins, Compostela
54. Helena Carro Cruz – Compostela
55. Henrique del Bosque Zapata, escritor – Vigo
56. Iago Vilar Neves, labrego – Meire, Alhariz
57. Ínhigo Jesus Ansotegi Soares, obreiro vitivinícola – Roblido, Val d’Eorras
58. Íria Zeltia Zas Rey, trabalhadora em precário – Sta María de Torás, Bergantinhos
59. Isidro Peleteiro, labrego, Pedre, Cerdedo, Terra de Montes
60. Jacobo Guimeráns Otero, desempregado – Salceda de Caselas
61. Javier Magarinhos González, operario textil/sindicalista (CIG) – S. Breixo de Arcos de Furcos, Umia 
62. José Antom González Maceiras, trabalhador – Louro, Muros 
63. José Manuel Pastor, desempregado – Laiosa (Sarria), Oíncio
64. Joám J. Romero Durán, economista – Viascón, Ponte-Vedra
65. Júlio Blanco Queijo, estudante – A banha
66. Laura Rabizal, movemento veciñal – A Coruña
67. Laura Ramos Cuba, jornalista – Burela, A Marinha
68. Lola Perez, autónoma – Mandin, Monterrei
69. Lola Varela Salgado, docente – Vilar de Figueroa (Cerdedo), Terra de Montes (Pontevedra)
70. Lucho Penabade Outeiro, teatreiro – San Fins, Compostela -Amaía
71. Luis Chapela Bermúdez, escritor – Cangas
72. Luis Mejuto Quintela, mestre – Pontevedra
73. Luís Chan Lamelas, técnico automoción – San Vicente do Grove, Salnés
74. Luís Gonçales Blasco, pensionista e escritor – Bugalhido, Amaía
75. M Luísa Varela Nogueiras, mestra – Zamáns,Vigo 
76. Manuel Monge, sociólogo – A Coruña
77. Marcos Saavedra, bibliotecário – Riba d’Éu, A Marinha 
78. Margarida Martins Vilanova, ensinante – Tourom, Pontevedra
79. Maria J. Dias Pinheiro , na reforma – Trobo, Terra Chã
80. Marina Soto Gestal, estudante – A Corunha
81. Marisol Palomo Izquierdo, artista (Ialma) – Santiago de Compostela-Bruselas
82. Marta Esther Santos Perez, profe fp – Compostela, Compostela
83. María Arca Oliveira, docente Lampón, Barbanza
84. María do Mar Vila López, CIG – Dozón, Deza 
85. María Teresa Arén Paz, docente – Quireza, Terra de Montes
86. María Xesús Delgado Nuñez, funcionaria – Compostela 
87. Matias Rodriguez da Torre, profesor de ensino secundário – Silheda, Deza
88. Monserrat Fernández Arén, profesora de ensino secundario – Quiereza, Terra de Montes
89. Mª Xesús López Escudeiro, ensinante xubilada – Pontevedra, Pontevedra
90. Pablo de Prado Díaz, traballador AENA – Santiago
91. Pepa Baamonde García, mestra xubilada – As Fontiñas, Santiago de Compostela
92. Rafael Iglesias Blanco, carteiro rural – Lalín, O Deza
93. Raúl Soutelo, historiador e profesor – Porto do Son
94. Ricardo Castro Buerguer, secretario xeral CUT – Vigo
95. Roberto Bouça Orosa, professor de primário/músico – Burela, A Marinha
96. Roberto Samartim, professor – Compostela 
97. Santiago Quiroga, mestre – Vista Alegre, Compostela
98. Sechu Sende, professor – Nemenço, Compostela
99. Serafín Vicente, xubilado – A Coruña 
100. Sofía Tarela, ama de casa – San Vicente de Noal, Barbanza 
101. Susana Camba, teleoperadora – A Estrada
102. Suso Sanmartin, professor de ensino secundário – Bueu (São Martinho), Morraço
103. Sánti Carvalhido, ensinante na emigraçom – Golfo Ártabro, Corunha
104. Trinidad Rey Chao, xubilada – Pontevedra, Pontevedra
105. Víctor Caamaño Rivas, profesor – Cambados
106. Vítor Garabana Barro, engenheiro – Ponte d’Eume, Eume
107. Xabier Toba Girón, docente – Vigo, Vigo
108. Xandra Táboas, obreira da arte – Barrio do Calvario, Vigo 
109. Xavier Fernandez, professor – Goiriz, A Chaira
110. Xerardo Dasairas Balsa, mestre e investigador – Cangas
111. Xesús Domínguez, protésico dental – Compostela
112. Xico de Carinho, músico – Cangas do Morrazo, Morrazo
113. Xoan Carlos Garrido Couceiro, profesor de secundaria – A Estrada, Tabeirós-Terra de Montes
114. Xosé Alexandre Banhos Rodrígues, reformado – A Corunha, A Corunha
115. Xosé Antón Gómez Fernández, médico xubilado – A Carballeira-Nogueira de Ramuín, Ourense
116. Xosé Barreiro, docente – A Ulla
117. Xosé Collazo Castro, profesor – Tirán-Moanha, Morraço
118. Xosé Luís Fernández Rivera, activista da memoria – Foz
119. Xosé Manoel Domínguez González
120. Xosé Manuel Domínguez Martínez, mestre, O Grove.
121. Xosé Miguel Fernández Vázquez, comercial – Lugo, Lugo
122. Xosé Álvarez Castro, profesor xubilado – Pontevedra
123. Xoán Carlos Miranda Carro, agente comercial – Ordes, Madrid
124. Xoán Tavia, traballador – Ferrol
125. Xoán Xesús Valladares Alján, galaico 24/7 – Souto Maior, Vigo
126. Xulio Pérez, ensinante bioloxía – Penosiños, Celanova
127. Xulio Álvarez Crespo, biólogo – Carballiño, Carballiño
128. Xurxo Souto, escritor e músico – A Coruña


ADESONS / ADESIÓNS COLETIVAS:

Colectivo Portalén, Terra de Montes